Onte 1173: Revista «Criaturas»
Unha das cousas máis bonitas do pasado Culturgal foi a presentación do número 0 de Criaturas. revista dixital de literatura infantil e xuvenil. Creo que Ledicia Costas e Daniel Landesa, coordinadores do proxecto, acertaron á hora de formar un consello editorial no que se mesturan as tres xeracións de autores, ilustradores e mediadores que hoxe conviven na LIX galega, a Lamote dos fundadores, a da fin de século e a da Esperanza, a máis recente, e da que eles mesmos forman parte. Acertaron tamén no deseño innovador da web como na posibilidade de ofrecer os contidos en formato magazine, o que lle achega a cada número a necesaria finitude. Coma tamén o é o enfoque dos contidos, fuxindo do perigoso academicismo universitario, orientados cara á formación e información dos mediadores. Seguiremos coa maior atención estas Criaturas, un novo espazo para enxergar tanta esperanza que precisamos para a madurez da nosa LIX.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir