O fracaso da área metropolitana
No artigo da semana abordo o que entendo son as razóns do fracaso do proxecto da área metropolitana de Vigo. Creo que o cerne reside na incapacidade das forzas parlamentarias de acadar un acordo sobre a organización administrativa e política do territorio, para min, a grande revolución que precisa o país.
Moi boa reflexion e moi boa critica Sr Bragado.Istos do “cambio” van a o facil, as cousas k dan traballo e rompedeiros de cabeza o van postergando. Imaxino k na Coruña pasa o mesmo, moito falar e pouco facer, as arboles non lles deixa ver o boske, e nin lles preocupa.Iso si, 1/3 do empleo xerado en Galicia seica e publico.A ver k soporta isto
A.Coruñes
O problema é ese “consenso” do que fala no artigo. Esa reorganización territorial precisa do fortalecemento das comarcas e parroquias e da desaparición de moitos concellos (rurais, ergo, do PP). Ademáis tamén suporía relegas ás diputacións a un papel simbólico.
O PP sempre defendeu o papel das diputacións (eu ainda non sei o que pintan) e non creo que estea disposto a perder tanto poder (e cartos) nesa reorganización territorial.
6 consenso está difícil.
Estou totalmente de acordo coa súa análise da organización administrativa, claramente obsoleta para a vertebración territorial creada co tempo. De todas formas, a min que figure Pontevedra dentro do marco metropolitano, sobre todo no que atingue a redes viarias, non me parece mal. Ou polo menos unha atención específica á creación de trens de proximidade frecuentes entre Pontevedra e Vigo, e mesmo con destino ao Morrazo ou ao Salnés. Pero creo que non aproveitamos os tempos de bonanza económica para crear infraestructuras ferroviarias para estas zonas. Preferiuse o automóvil.
xa mando o artigo á miña nova blogue, de copia e pega, http://www.blogoteca.com/bosexenerosos
Auto-publicidade aparte, comparto case a totalidade do exposto pero teño algunhas dúbidas.
O mapa co que ilustras este “post” é o da citada Declaración de Soutomaior, non?
Se é así, non entendo porqué non incluíron a Ponteareas e a Mondariz e si aos dous extremos Salvaterra e Fornelos de Montes.
Tamén falas de baixar o nº de concellos case á metade, véxoo moi complexo, ou mellor dito, non sei como. Ou si nalgúns concellos de moi poucos habitantes, que se unirían ao da beira con máis.
Podería ler algo arredor disto?