O dano está feito

Tras a comunicación dos resultados da consulta ás familias, no artigo da semana reflexiono sobre o escenario que se abre a partir de agora. Non teño dúbida que durante estes últimos meses o dano sobre o prestixio e a valoración social da lingua quedou feito, razón pola que recuperar ese terreo común perdido é a primeira tarefa que civicamente nos corresponde aos que cremos na civilidade galega. Artellar un novo discurso que amplíe o perímetro da apreta do idioma galego e restaure un grande consenso sobre o seu futuro é unha causa noble á que estamos convocados.

7 comentarios
  1. Jairo Dorado Cadilla
    Jairo Dorado Cadilla Dice:

    Sr. Bragado, estou dacordo con vostede palabra por palabra. Porén, teño unha dúbida e unha pregunta. Unha das publicacións que axudou a espallar estas días galegófobas foi o Faro de Vigo, que serviu de voz a GB as veces sen reparos. Nesa publicación, entre outros, escriben regularmente en galego vostede e Ferrín, alén de columnista que, en castelán, non apoian a GB (sen que iso implique apoiar o galego). É coherente esa postura -a de escribir no Faro- coa oposición a GB?

    Unha pregunta semellante teño para Rivas e outros que escriben en El País, en galego, os venres, nun acto digno de Galicia Bilingüe: o galego só vale para a cultura un día a semana (sustitúa cultura por ximnasia e xa ten unha das ideas que rolda a cabeza de Gloria Lago).

    Faro de Vigo, na súa sección de Cartas al director fai apoloxía da galegofobia, igual que nalgunhas redaccións das noticias. Se realmente estamos en contra de GB e queremos defender o galego, deamos un paso á fronte: xa abonda de grandes palabras, comecemos a estratexia da disidencia.
    Un cordial saúdo,

    Jairo

  2. A.C
    A.C Dice:

    Pois eu k kere k lle diga D. Manuel, para min o”escomenzo do dano” foi o decretazo.A partir de ahi o PP soubo sacarlle redito a suas propostas, e o pobo decidiu, viñeron as elecions e gañou o PP.Ahora laiar de pouco vale.Sigo apoiando a sua vision de facer do galego algo normal e bonito, de sair da trincheira e falar o Galego normalmente.Fraco favor faille, por exemplo, o novo dirixente do BNG a o galego ,a min pareceme mais un sindicalista k un politico, con ese desden e mans nos petos (coñezo algun sindicalista con mais tiron) .E que Feixoo vai a derogar o decreto esta mais k cantado, pero para min, mais ou menos será o mesmo, os politicos traballan moito cara a galeira.Saudos

  3. xos
    xos Dice:

    Non creo que boicotear o Faro de Vigo leva a nada. En todo caso, teremos que mandar cartas favorables ao galego, a ver se as publican. As escasas voces galeguistas no Faro teñen que seguir aí.

    Tampouco creo que o comezo do dano fora o decretazo, o dano ven de lonxe, e é unha concepción terrible de españa e o castelán como lingua dominante, que ten o PP e os grandes medios, así como parte do Psoe. Lembremos que nun principio o PPdG non era contrario ao decreto, e só cando desde Génova lle mandaron estar en contra, o PP cambiou. Tamén a escasa defensa do Psdg do seu decreto.

  4. Jairo Dorado Cadilla
    Jairo Dorado Cadilla Dice:

    Non, Xos, hai unha enorme diferenza entre o boicote -que non nos ha valer de nada, xa que en caso dunha “guerra” lingüística levamos as de perder porque non teriamos apoio de ninguén- e a disidencia.

  5. David Paz Nóvoa
    David Paz Nóvoa Dice:

    Eu quédome sobre todo coa última idea de Bragado, a procura de novas estratexias de defensa da lingua e da súa dignidade, un novo discurso ten que sair deste trance. Cando hai un dano tan grave debemos buscar unha cura eficaz, con intelixencia, con sentidiño. Quero confiar nesa maioría social que aprecia o galego e á que me honro en pertencer. Desenmascarar as falsidades e os prexuízos e poñelos enriba da mesa con argumentos, que sobran, a favor das linguas e contra ningunha.

  6. xos
    xos Dice:

    ¿A disidencia consiste en abandonar as escasas parcelas que nos deixa o espacio mediático? ¿Encerrarse na cova? Unha cousa é o boicot que como cidadáns poidamos facer a determinados xornais, non mercalos e punto. Pero hai miles de cidadáns que os mercan, e non é acertado impedir que cheguen as voces galeguistas a eles. Se alguén ten unha columna de opinión nun diario, o lóxico é usala. Non hai que retirarse de ningún sitio, ademáis, o Faro non foi sempre así, e non ten por que ser sempre así.
    Poida que non entenda o concepto de disidencia que defendes, iso si.
    Saúdos

Los comentarios están desactivados.