«Non somos un sector subvencionado»
Hoxe aparece publicada en La Voz de Galicia parte da conversa que mantivemos, o pasado venres, Xosé Ballesteros e mais eu arredor da situación da edición en Galicia.
Como é adoito nestes encontros, falamos devagariño de moitas máis cousas ca do diagnóstico inicial do noso sector, dende o sentido da presenza nas feiras internacionais, pasando pola relación do editor cos autores e autoras e a nosa formación autodidacta, até o balance dalgunhas carencias de xénero.
Agradézolle ao xornalista Ángel Varela o seu convite e o admirable traballo de síntese e a Gustavo Rivas as súas magníficas fotos. [As miñas desculpas polo autobombo.]
unha entrevista máis que necesaria, sobre todo no medio en que foi publicada, a ver se a xente que o le á fin comeza a entender un chisco as cousas. parabéns, manolo!
O titular é moi fermoso pero sería moito pedir os datos reais sobre este asunto?
O 50% do que se edita é libro de texto. E sí está subvencionado.
Cantos cartos leva ANAYA por editar libros de texto en galego?
Cantos cartos leva XERAIS por editar libros de texto en galego?
Cantos cartos vai levar a partires de agora o sector coa reestructuración do préstamo gratuíto ?
A tarta é sustanciosa… digas o que digas…
Pero se queres publicar os DATOS podemos sair de dúbidas dunha vez por todas…!
Por non falar dos tempos das traducións ao galego de obras sen dereitos de autor… xa foron outros tempos.