Lingua común
No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o “Manifiesto por una lengua común”. Sobre a mesma cuestión recomendo a valiosa e clarificadora anotación que publica hoxe Escolar e o artigo moi intelixente de Josep Ramoneda.
No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o “Manifiesto por una lengua común”. Sobre a mesma cuestión recomendo a valiosa e clarificadora anotación que publica hoxe Escolar e o artigo moi intelixente de Josep Ramoneda.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Pero imos ver, si franco non acabou co galego, non creo k se os nacionalismos acaben co castelan. Outra cousa e o uso “politico-partidista k se lle está dando a o idioma.Cando hai intereses politicos xa cambia todo.Como xa dixen noutro post, desde k son neno sempre oin falar o galego, e como vostede ben di, esa variante tan coñona do castelan k se fala aki.Sobre a “euskaldenizacion” do tema, eu non opino como vostede por k pa iso deberia haber a violencia k hai no pais vasco e k por fortuna aki non temos.E iso si, o primeiriño k temos k ter e dar, e a liberdade. Un saudo, e perdon po lo tocho
“Euskaldunización” non é un termo que me guste, mais non atopei outro para expresar a estratexia de confrontación cos nacionalistas que a Savater tanto lle estimula. Quizais sería máis sensato mudalo por “confrontación”, a pesar de que poida remitir á estratexia de “crispación” de Acebes, Zaplana e “El Mundo” da lexislatura anterior
Manolo non xogues coas palabras:
“ADN da nosa convivencia e comunicación en liberdade” ?
E dalle con replicar ó que non se postula: xa sabemos co castelán goza de boa saúde (igual co galego tamén vai recuperar a súa grazas á inxección 50 millons €) non é cuestión da saúde das Linguas.
A cuestión é a liberdade dos falantes para vivir coma nos pete!
Sen imposicións salvíficas! Grazas!