Conservación da microtoponimia
No artigo da semana defendo a necesidade de conservar a microtoponimia. A iniciativa d’ “As Teixugueiras“, a primeira rúa do novo polígono de Navia, creo que debería constituír un interesante modelo para desenvolver en todo o país.
Moi acertado o artigo.
A Xunta estaba “desenvolvendo” un proxecto de recollida da microtoponimia no cal tiven a posibilidade de colaborar. Antes dependía de Agricultura e de Presidencia, me parece, de quen depende agora?
O proxecto, en principio, estaba ben pero a hora de valorar os resultados, na miña opinión, estes foron desatrosos: apenas unha ducia de concellos con toda a microtoponima recollida en aproximadamente catro anos de traballo. Máis de douscentos “laboras” formados nese campo dos apenas media ducia renovou contrato….
Coido que un dos problemas do proxecto era que a xunta formaba e daba apoio material aos técnicos, os concellos eran os responsables da contratación destes, con todo o que iso supón neste país. Algúns concellos viron neste proxecto e no famoso “Plan Labora” unha oportunidade de, coa excusa da recolleita da microtoponimia, contratar auxiliares administrativos, técnicos culturais, actores…. (esta é, polo menos, a miña experiencia. Na maior parte dos concellos a toponimia non interesa o máis mínimo, pero sempre queda ben poder dicir en periodo electoral que se contrataron unha pila de rapaces novos para traballos culturais ou para: “ver as pedras que hai neste untamento e poñerlles nombre porque anque eu non entendo son mui importantes” o meu alcale e ex-xefe dixit nunha entrevista a Radiovoz.
O do nomenclator, a pesar dalgúns erros que contén, foi presentado en primavera cando creo que xa levaba ano e medio ou dous anos almacenado. O acto de presentación foi asqueroso, so se poden salientar as intervencións de Santamarina e de Navaza, pero iso de ver a Pita e a Fraga louvandose do moito que traballaron a favor da recuperación da toponimia e a algún responsabel de tradución da Xunta, responsabel tamén do proxecto dicindo que era fabuloso e funcionaba de marabilla…., pois non. A miña noraboa para un rapaz da zona de Baiona que foi quen de calarlle a boca varias veces a este impresentable.
Esperemos que a nova Xunta se tome en serio do da microtoponímia, sen tentar sacarlle un rendemento político, con ideas e traballando en serio.