Her Morning Elegance
/en Música, Vídeos/por bretemas
Un vídeoclip moi curriño do cantante israelita Oren Lavie.
Vía: Manolo Gago e Ronseis.
Cidadanía sen obxeccións
/en Educación, Vídeos/por bretemasSabiamos que os contidos da EpC, que desenvolven os grandes valores que defendemos os demócratas (recollidos no texto constitucional e nos desenvolvementos dos estatutos), non lesionaban dereitos fundamentais ningúns dos pais nin dos estudantes. Así, se repasamos os currículums destas materias ou a maioría dos libros de texto publicados polas diversas editoriais privadas (con enfoques metodolóxicos non sempre coincidentes), podemos comprobar que non é doutra cousa que de cultura democrática e do traballo educativo sobre os grandes valores constitucionais de respecto á liberdade, á igualdade e ao pluralismo do que versa a EpC. Este e non outro é o miolo da sentenza.
Agora, a volta dos alumnos obxectores as clases e a obriga de recuperar as sesións perdidas (como propón a ministra Cabrera) serán unha primeira e necesaria lección de igualdade e responsabilidade para estes estudantes (algúns dos valores que traballan as materias). Ben sería, tamén, que os membros do PP, os seus voceiros mediáticos e a Conferencia Episcopal, que teñen a obriga de acatar a sentenza, pediran ademais algunhas desculpas. No entanto, e non son agoreiro, témome que non o van facer e seguirán enredado coa polémica co seu recurso ao Constitucional.
Homenaxe a Poe
/en Autores, Efemérides, Música, Vídeos/por bretemasEsta Annabel Lee de Radio Futura é un agasallo para Manolo Lourenzo.
Vía: Juan Varela
Alema
/en Blogs, Lingua, Vídeos/por bretemas«A clase»
/en Cine, Narrativa, Vídeos, Xerais/por bretemasHoxe chega as librarías A clase, coincidindo tamén coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Apostamos pola tradución da novela (un grande éxito en Francia) a comezos do verán. Un texto vibrante, de diálogo vivísimos. Un retrato demoledor da escola secundaria francesa de hoxe. Un puxilato constante entre profesorado e alumnado. Semella que volve o naturalismo. Recomendo vivamente a novela. Da película, xa falaremos, aínda que contamos con magníficas referencias.
En Galicia a distribuidora Golem dispuxo dúas fitas, unha en Vigo (nos cines Norte) e outra na Coruña (nos Yelmo de «Los Rosales»).
Faleceu Manuel Riveiro Loureiro
/en Autores, In memoriam, Vídeos/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Lar20 de Novembro de 2024 - 10:22 a.m.
- Festa do cabazo19 de Novembro de 2024 - 9:45 a.m.
- Pregón da festa do cabazo17 de Novembro de 2024 - 9:02 p.m.
- Xigantes da lectura13 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Discurso de recepción do premio «Lenda do recreo»12 de Novembro de 2024 - 9:36 a.m.