Adeus ao sotaque galego!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/FD2KSgBQ4bg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Un chisquiño de orde

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/k98wVhoh8QI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Cómpre ser máis ordenados. Xenial estes anuncios de IKEA para comezar a semana cun sorriso.

Vía Trafegando ronseis.

Interferencias, novo anuncio do BNG

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KAGsOq1ORkY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Co novo anuncio electoral do BNG pásame o mesmo que co primeiro (o famoso “Eu son Anxo Quintana” leva 50.000  visionados, un exitazo!). En ambos os dous casos o relato visual é eficaz, mesmo impactante, porén, dende un punto de vista semántico é horroso, cando non politicamente reaccionario. Esa muller encoraxada que decide o que se vota na casa é un modelo de sociedade da igualdade? No entanto, coa que está chovendo, entrar nestes matices é unha parvada. Publicidade política, pois, en estado puro.

Revolución dixital?

a href=”http://www.youtube.com/watch?v=NN3ZlOH4knM”>[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NN3ZlOH4knM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Se contas con sete minutos, recomendo seguir con atención este videoartigo sobre o concepto e os límites do dixital e da «revolución» que introduce na cidade contemporánea. Aínda que é de 2007 (e, dende entón, as cousas xa mudaron), algunhas afirmacións aínda son luminosas.

Grazas, Txetxu, res razóns, esta peza convida á reflexión desprexuizosa.

«A primeira paraula en catalá»

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/XlH4ZLSi3YM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vía Carlos Callón

A campaña da FPG

object height=”344″ width=”425″>

A FPG está promovendo unha campaña ben xeitosa. Merece o noso interese o anuncio e a cuña, pasando polos textos do blog do candidato (X.L. Méndez Ferrín), ao completo programa. Sería magnífico que a esquerda independentista que defende a República Galega entrase no Hórreo.

Appanah en galego

Nacida en Illa Mauricio, con trinta e tantos anos, Nathacha Appanah é unha das narradoras máis orixinais en lingua francesa. Porén, a súa obra permance inédita en castelán, existindo no mercado apenas a tradución dunha das súas novelas en catalán e outra en éuscaro. Encargámoslle a Emma Lázare a tradución de Le dernier frère, a súa última novela, aclamada o pasado ano en Francia polos lectores (obtivo os premios dos lectores da FNAC 2007 e dos lectores de L’ Express 2008) e pola crítica. A verdade é que quedamos moi satisfeitos do resultado da tradución. Unha novela moi conmovedora e emocionante sobre a amizade. O derradeiro irmán estará dispoñible nas librarías galegas a finais deste mes de febreiro. Agardo que guste, tamén, aos lectores e lectoras en galego.

Kindle 2

Como xa anunciabamos hai tres días, o luns foi a estrea de Kindle 2 de Amazon. As expectativas desta presentación son grandes.

Hoxe son moitas as referencias na prensa sobre esta cuestión. Outra volta, como sinala Millán, abriuse nos medios o debate sobre o futuro do libro. Estou de acordo co mestre Txetxu Barandiarán: a chegada do e-book levará o seu tempo, sobre todo por que aínda estamos na fase do prototipado e os editores valoramos a desputa con cautela. A loita entre os formatos de lectores portables continúa. Non teño dúbida que o novo Kindle é atractivo, mais ten a enorme dificultade do seu carácter pechado (Amazon emula a estratexia de Apple co Ipod), o que obriga unha concentración na distribución dos contidos, con todos os perigos que un monopolio desta clase pode provocar para a liberdade de edición.