Poema de hoxe 196: “Cando a miña alma se erga” de Xavier Seoane
cando a miña alma se erga e voe sobre o mar
hei de voltar para contarche a fortuna do retorno dos paxaros
e a choiva de primavera sobre os campos
Xavier Seoane
Poema de hoxe 196: “Cando a miña alma se erga” de Xavier Seoane/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
cando a miña alma se erga e voe sobre o mar
hei de voltar para contarche a fortuna do retorno dos paxaros
e a choiva de primavera sobre os campos
Xavier Seoane
Poema de hoxe 195: “Ai Deus, se sab’ ora meu amigo” de Martín Codax/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Vigo/por bretemas
Ai Deus, se sab’ ora meu amigo
com’ eu senlleira estou en Vigo
e vou namorada
Martin Codax, Cantiga de amigo IV (XII.XIV)
Poema de hoxe 194: «As ondas son un soño curvo» de Miguel González Garcés/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
As ondas son un soño curvo.
Miguel González Garcés (1916-1989)
Poema de hoxe 193: “Bolero” de Helena de Carlos/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Por moi fermosa que sinta a vida
miña,
nada é se ninguén a conta.
Helena de Carlos, 1999 (Xerais, 2001)
Poema de hoxe 192: «O son esquecido» de Eduardo Moreiras/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Toda Galicia déitase soñando.
Xa nada val ninguén.
Roula, terra miña, cabo do mundo,
tola de luz diviña
polo ceo.
Eduardo Moreiras, (Galaxia, 1974)
Poema de hoxe 191: “Da orixe II” de Xabier Paz/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Porque o mundo naceu inacabado
vimos indo.
Xabier Paz, Materia de Lucrecio (Xerais, 2006)
Poema de hoxe 190: “Poemas birollos para ler cos ollos” de Fran Alonso/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
A lúa lambe
o lenzo liso
do ceo
cada
noite
Fran Alonso, Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais 2016)
Poema de hoxe 189: «Alba de gloria» de Castelao/en Autores, Nacionalismo, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.
Castelao, Alba de Gloria (25 de xullo de 1948)
Poema de hoxe 188: «Cóbrega» de Marcos Abalde Covelo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Talvez a utopía
sexa o abraio
de ver medrar
o trigo na proclama
Marcos Abalde Covelo, Exhumación (Xerais, 2016)
Poema de hoxe 187: “A partida” de Xavier Rodríguez Baixeras/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Parto, canso,
na borra do solpor, beira dun mar
que está calmo de máis e desangrado
por espiñas de peixes abafados
Xavier Rodríguez Baixeras, A gándara da noite (Xerais, 1987)
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).