Benvido, «Xornal de Galicia»
/en Medios/por bretemas
Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.Retrasocero.com
/en Medios, Publicidade, Vídeos/por bretemasProtexta de verán
/en Críticas, Medios/por bretemas
Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (Festina lente, O profesor de vegliota e Atracción total). Un número espléndido que consolida o suplemento literario de Tempos como o noso primeiro referente de prensa literaria independente e rigorosa.
"A Nosa Terra Diario"
/en Críticas, Medios/por bretemas
A Nosa Terra Diario acaba de abrir un novo espazo de crítica de produtos culturais (libros, discos, películas de cine e dvds). Un espazo de crítica que, indubidablemente, mellora os contidos deste diario dixital. Beizóns aos responsables d’ ANT.
Novas da Xunta, de novo xuntas
/en Medios, Política/por bretemas
Unha moi boa noticia que non debe pasar desapercibida: o espazo Novas da Xunta de Galicia volve recoller a información de todos os membros do Goberno galego. Tras varios anos de comportamento bipolar, abenzoamos decisión tan sensata.
Noticias felices
/en Medios/por bretemas
A posibilidade de que o Senado rumano estableza nos medios de comunicación unha cota do 50% para as noticias felices non debería ser considerada tan escandalosa como a primeira vista semella. En realidade esta cota, sen lei ningunha que a ampare, xa se supera diariamente en Galicia nos espazos destinados á información institucional. Un caso, o galego, que non é único en España, como ben se pode comprobar visitando outros espazos semellantes. Non deixa de sorprenderme que aquí non se fagan brincadeiras sobre esta cuestión (non entro nos criterios dalgúns medios privados) e, porén, nos escandalicemos coa inxenuidade destes rumanos que pretenden impoñer a felicidade dende os escanos parlamentares. En Internet xa hai espazos especializados só en “boas noticias“. Outro problema ben diferente é determinar cáles son as noticias felices?
Protexta primavera
/en Críticas, Medios/por bretemas
Xa está dispoñible en pdf o Protexta 6. Imprescindible!
Tempos dixital
/en Medios/por bretemas
Beizóns aos responsables do mensual Tempos Novos que publican a súa versión beta do seu espazo electrónico, Tempos dixital. Entre outras novidades, considero importante para a visibilidade do libro galego a posibilidade de consultar e descargar en pdf o Protexta, o seu magnífico suplemento de libros. Pareceume prometedora a sección “Entreculturas“, así como a da “Hemeroteca” (onde poder consultar algúns dos traballos xa publicados con anterioridade). Non hai dúbida que este Tempos dixital axudará a tecer a vizosa rede de comunicación crítica en galego. Reiteramos as beizóns. Longa vida!
"Protexta" co "Ideal Gallego"
/en Críticas, Medios/por bretemas
Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares e se converte na revista de libros galegos de maior tirada.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.








