Máis sobre o relevo na Voz
/en Medios/por bretemasRelevo en Sabón
/en Medios/por bretemasRevista Naz-on
/en Cultura, Medios/por bretemasA lingua dos xornais
/en Lingua, Medios/por bretemasDez anos de fantasía
/en Internet, Medios/por bretemasOs dez anos de Vieiros son dez anos de fantasía colectiva. O seu editor, Lois Rodríguez (modelo de discreción e teimuda coraxe), e o seu equipo de profesionais demostraron que en Galicia tamén é posible vivir nun país normal, que emprega a súa lingua de forma orgullosa e asume sen complexos o tempo contemporáneo.
Vieiros, contra vento e maré, cun esforzo humano de xigantes, amosa que a proeza de facer xornalismo electrónico de calidade en tempos difíciles é posible en galego. Vieiros educounos a moitos na rede, guiounos nas descubertas e convenceunos, se eramos incrédulos ou tiñamos dúbidas, das posibilidades da súa nova textualidade e capacidade comunicativa.
É de xustiza recoñecer hoxe o esforzo e o valor dos pioneiros, especialmente de Daniel, de quen tanto aprendimos. Beizóns de corazón e longa vida para todos os que fixeron, fan e farán posible que continúe esta fantasía.
Faro de Galicia
/en Medios/por bretemasMudarse á radio galega
/en Medios/por bretemasE seguindo con dicas de música, é moi recomendable, tamén, escoitar Aberto por reformas, o espazo que de catro a cinco anima Xurxo Souto na Radio galega. Quen dixo que non se podía facer un programa diario de música galega? É unha auténtica marabilla: un derroche de creatividade e entusiasmo, divertido, indagador, potente e comprometido cunha visión contemporánea da nosa industria cultural. A calidade e interese deste espazo de Xurxo Souto desmente, como outros de moitos dos seus colegas (dende a marathón da mañá de Xusto López Carril, pasando polo rigoroso informativo da noite de Tino Santiago ou o excelente Extrarradio das fins de semana), algunhas profecías apresuradas e comentarios cainitas. Unha vez máis, aconsello aos radioaditos (confraría da que formo parte) mudarse á radio galega.
Radio pública
/en Medios/por bretemasEsta noite fun ao acto de presentación da nova programación da Radio Galega. O Marco tivo un cheo dos que non se recordan. Xurxo Souto, máis serio do que adoita, conduciu con entusiasmo e sobriedade o acto, aínda que non se puido conter e botou unha bonita repichoca das súas. Xusto López Carril fixo un discurso emocionado e formalmente moi ben construído insistindo no valor da radio para a cidadanía. Terio Carrera entusiasmou pola súa velocidade para presentar a abundante programación deportiva. E, como remate, os directores da emisora e da compañía defenderon con convicción o proxecto dunha nova radio independente ao servizo de todos, sen vetos nin exclusións (idea reiterada por ambos os dous e pola maioría dos oradores). O humor púxoo Carlos Blanco (o mellor do seu parrafeo foi o saúdo que lle fixo ao Pérez Varela) e a música final a xente de Espido.
Teño moitas esperanzas neste proxecto de rexeneración dos medios públicos, que na radio está comezando a dar os primeiros froitos e que no futuro poden ser ben aquelados. Conectar coa audiencia da cidade-autoestrada (sobre todo cos sectores da mocidade) e asentar un verdadeiro pluralismo informativo son dous retos ilusionantes polos que paga a pena colaborar coa nosa radio pública en galego. Semella que existen alicerces ben chantados para facelos posibles.
Vieiros en papel
/en Medios/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.