"Illa Soidade", adianto do primeiro capítulo
/en Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemasHoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Illa soidade, a novela de An Alfaya gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil. Boa lectura!
Premio Xerais 2007, os artigos de Luzes
/en Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasHoxe o Luzes de El Pais Galicia publica varios artigos arredor dos Premios Xerais:
- “O Xerais volve sorprender“, Dolores Vilavedra.
- “O libro infantil de calidade interésalle a todo o mundo“, entrevista a Carlos López Gómez.
- “Escribo sen pensar no destinatario“, entrevista a An Alfaya.
"Minimaladas", adianto de cinco historias
/en Adiantos, Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemasHoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007.
"Illa Soidade", testemuño dun xurado
/en Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasPremios Xerais 2007, a repercusión nos blogs
/en Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemas- O blog dos pelachos: vídeos das intervencións no Auditorio.
- O levantador de minas: crónica e reportaxe fotográfica.
- Días estranhos: entrevistas na illa de san Simón.
- Días estranhos: “An Alfaya e Illa Soidade” (inclúe referencias á obra e dous vídeos da entrevista coa gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia).
- Vieiros: entrevista a Rexina Vega: “Diferenciar a memoria da guerra non é posíbel”.
- Vieiros: “Premios Xerais. convención de blogueiros“.
- Lg3: Triada de premios (inclúe gravacións de entrevistas cos tres premiados).
- Xerais on line: información corporativa.
- AGE: “A novela Cardume gaña a XXIVª edición do Premio Xerais“.
- A canción do náufrago II: “A noite do Xerais”.
- Cabodomundo: “Merlín”.
- Club de lectura. Biblioteca Castrillón: “Teresa Moure nos Premios Xerais”.
"Minimaladas" de Carlos López
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasMinimaladas, a obra de Carlos López galardonada co Premio Merlín 2007, recolle oitenta e catro mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación. O xurado nestes textos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes referencias literarias e dun tratamento moi innovador da creación lingüística.
Carlos López Gómez declarou, no momento de recibir o premio Merlín, que baixo o título de Minimaladas reuníu unha gavela de relatos moi breves protagonizados cada un deles por un animal diferente. “Por deformación profesional, dada a miña condición de humorista gráfico en prensa, as narracións comparten o denominador común do humor. Foi divertido escribilas; confío en que sexa divertido lelas”.
Vídeo: O blog dos pelachos.
"Illa Soidade" de An Alfaya
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasIlla Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.
Para o xurado do Premio Fundación Caixa Galicia “Illa Soidade é unha novela iniciática na que a personalidade da protagonista, Lucía, evoluciona grazas ao contacto con Soa, que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. A obra retrata a indixencia, afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia. Cada unha delas é unha illa chea de historias nas que raras veces somos quen de introducirnos”.
Vídeo: O blog dos pelachos.
Premios Xerais: a colleita 2007
/en Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasHoxe son numerosas as primeiras referencias na prensa dixital:
- Faro de Vigo: “Unha filóloga viguesa gañadora dos Xerais“.
- Faro de Vigo: “Rexina Vega: ‘Nunca esperei ter na primeira novela recoñecemento tan alto'”.
- Faro de Vigo: “Carlo López: Ás veces uso o truco de escribir para o neno que eu fun”.
- La Voz de Galicia: “A filóloga Rexina Vega logra o Xerais coa súa primeira novela“.
- La Voz de Galicia: “Rexina Vega: ‘É outra maldita novela sobre a guerra, pero non só'”.
- La Voz de Galicia: “Carlos López: ‘Non é o mesmo literatura infantil que literatura pueril'”.
- El Pais Galicia: “Rexina Vega gana el Xerais contada por una nieta de la Guerra“.
- Galicia hoxe: “Rexina R. Vega gañadora do Premio Xerais de novela con Cardume“.
- El Correo gallego: “A novela Cardume de rexina R. Vega faise co premio Xerais“.
- Vieiros: “Rexina Rodríguez gaña o Xerais cunha novela sobre a guerra civil“.
- Xornal: “Rexina Rodríguez, premio xerais cunha novela sobre a guerra civil“.
- El Ideal Gallego: “Rexina Vega, An Alfaya y Carlos López ganan los Premios Xerais“.
- El Progreso: “Rexina Vega obten o premio xerais de novela con Cardume“.
Días estranhos, O levantador de minas e o blog dos pelachos publicarán crónicas audiovisuais do abondoso material que gravaron.
Boys into books 11-14
/en Lectura, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.