Calígrafo
/en Autores, Ilustración/por bretemasO escritor guitarrista
/en Autores, Narrativa/por bretemas- O maior perigo do escritor é deixar de sentir, deixar de asombrarse;
- O segredo da vida é vivir e soñar. Vivimos de día e de noite soñamos, que non é outra cousa que narrar, transformar en relato a experiencia vivida;
- O escritor é alguén que observa, que mira arredor, que ten un xeito especial de mirar. E ese xeito é o que chamamos estilo, e cadaquén intenta procurar o seu;
- O escritor debe lembrar cada día que vive nun país afastado;
- A memoria é o almacén onde debe acudir o escritor: ninguén debe ser esquecido, ninguén debería morrer nunca de todo e para sempre; o escritor debe participar na escrita da Enciclopedia do Xénero Humano, un volume onde aparecesen non só os notables, senón todas e cada unha das persoas que pasan polo mundo;
- A miña biblioteca da infancia foron os libros orais do meu pobo campesiño;
- A ruptura da cadea de transmisión da cultura campesiña é unha traxedia cultural maior ca o incendio da Biblioteca de Alejandría;
- O narrador ten que vivir lentamente e escribir sobre o concreto, aquilo sobre o que somos inimitables;
- A arte toda nace da inamizade coa vida, dese desacougo, desa insatisfacción;
- A unidade básica da novela está nas esceas;
- O ritmo da novela conséguese entrelazando as esceas e mantendo o compás;
- Cando a emoción funciona na novela, funciona toda;
- Iso que chaman inspiración do escritor non é outra cousa que a visita da intuición en momentos de fulgor;
Landero forma parte desa derradeira xeración de narradores que aínda recibiron directamente o legado da memoria humilde dos seus maiores, escoitando a súa voz ancestral, e, ao mesmo tempo, se incorporaron ás transformacións provocadas pola cultura urbana. Son –en Galicia hai boas mostras, tamén– “fillos dun século en miniatura”. Beizóns para este escritor arraiano de narración perdurable e lúcida. Pagou a pena escoitalo. recomendo vivamente lelo a quen non o fixese.
Inédito de Noriega Varela
/en Autores/por bretemas
Inédito de Noriega Varela.
O chófer escritor
/en Autores, Narrativa/por bretemasAbecedario para Rosa
/en Autores, Narrativa, Presentacións/por bretemasPuñais de lembranza
/en Autores/por bretemas
Lorenzo Varela por Luís Seoane 
Suso Peña
/en Autores, Cómic/por bretemasPepe e Anisia
/en Autores/por bretemas
Originally uploaded by bretemas.
Onte atopeime en Teucro con Miguel para traballar sobre o desembarco do libro galego con motivo do Sant Jordi. Deseñamos os criterios do programa. É unha oportunidade que este ano non podemos perder.
Mediodía
A homenaxe a Pepe e Anisia foi emocionante. Gustáronme, sobre todo, as palabras de Susana (vaia texto máis medido e literariamente fermoso) e as de Luis Bará, o capitán intrépido tanto deste Salón como da concellaría. No remate, cantaron Mini e Mero (seguen sendo referentes para o profesorado da escola das pombas) e aquilo foi bagoar. Anisia agasallouos coa rosa branca do Marti da idade de ouro.
Pepe e Anisia, como editores e promotores de Follas Novas, apostaron hai xa corenta anos pola internacionalización do libro galego, proxecto que agora aos editores de hoxe nos parece tan imprescindible. Anisia (a creadora do proxecto Zunzun) e Pepe (o noso Balbino de Gres) son dous exemplos morais de resistencia e loita contra o conformismo.
Tarde
Convídanme a participar como xurado do desfile de comparsas. Varias conclusións: primeira, o pixama de Tonecho é o disfraz preferido deste ano; segunda, hai no noso entroido urbano dúas orientacións que se impoñen claramente: a transformación do rostro enxebre do país en algarada choqueira e as saudades dos desfiles brasileiros. Sen dúbida, aposto pola segunda porque son admirador dos blocos azuis e brancos da Portela, a escola de samba do barrio da Madureira (onde naceu Ronaldo) e que inspirou as cancións do Paulinho da Viola . Mañá gustaría participar no bloco popular (pouco que ver cos desfiles no sambódromo) que vai defender as súas oito ideas para cambiar o mundo. Como sei que non poderei facelo, consólome escoitando no itunes o choro de Teresa Cristina.
Gulliver xornalista
/en Autores/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Trump e o día escolar pola paz20 de Xaneiro de 2026 - 8:39 a.m.
Manicura celeste19 de Xaneiro de 2026 - 7:24 a.m.
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.











