Campo do Fragoso LXXIII
NOVA AGONÍA
A esperanza dun renacer celeste da man de Eusebio Sacristán durou apenas corenta e cinco minutos. Durante este primeiro período o Celta semellaba un equipo de estrea: novo técnico de gostos refinados na banda, novo debuxo táctico máis ofensivo (4-3-3) cun trivote inédito de mediocampistas (Rosada, Michu, Trashorras), defensa moi adiantada e presionante, e, sobre todo, manexo constante da pelota coa intención de construír un xogo paciente dende a liña defensiva. Semellaba que podían dar resultado as receitas que Eusebio traía ben aprendidas de Can Barça: o balón é quen organiza o xogo, o mellor xeito de defender é contar coa posesión da bola, cómpre rematar todas as xogadas para evitar contras imprevistas… Durante todo esta primeira parte o Celta, cun aparencia anímica sensiblemente mellorada, tivo máis tempo a pelota ca en ningún dos seus partidos anteriores, movéndoa de banda a banda coa intención de buscar os desbordes dos que onte foron os seus extremos, Ghilas e un David Rodríguez moi motivado. Froito deste xogo atrevido chegaron varias boas oportunidades que os nosos dianteiros non souberon aproveitar. Nin Ghilas nin David nin Dinei nin o mesmo Trashorras tiveron acerto suficiente para marcar, unhas veces chegaron tarde, outras marraron estrepitosa ou inocentemente diante da portería baleira. Froito de semellante desacerto atacante celete, o Huesca, un equipo modestiño que só viña a defenderse o mellor posible, foi adiantando as súas liñas e na fase final desta primeira parte atuou á defensa céltica con dúas oportunidades magníficas. Aí vimos a sombra do sucedido fronte ao Éibar. Coa reanudación e coa incomprensible saída de Trashorras, substituído por Oubiña, o interesante debuxo celeste da primeira parte foi esvaecendo e aparecendo sobre a lameira a sombra que tan ben identificamos do equipo impotente e desconcentrado. O Huesca percibiu decontado as súa oportunidade e no minuto setenta Esparza aproveitou unha pelota longa de contragolpe que soubo rematar de forma moi potente dende a esquerda. Aí remataron as posibilidades dos nosos. Como sucedeu noutras xornadas, co marcador en desavantaxe chegaron ás présas e as imprecisións provocadas polo pánico da derrota. Por riba, dende a banda Eusebio errou nos trocos, quizais por descoñecemento do cadro de xogadores, meteu a Maris prescindindo de Dani Abalo, o canteirán con maiores posibilidades de desborde. Estes derradeiros vinte e cinco minutos foron outra agonía , idéntica a que viviu hai quince días. A crise deste Celta é moi seria, agoira dificultades importantes, mesmo para manter a categoría. Onte na bancada xa non houbo posibilidade de botarlle as culpas ao adestrador que, polo que puidemos comprobar, é tan inexperto na categoría como ben intencionado na súa concepción do xogo. Seremos capaces de salvarnos con estes vimbios?
home, penso que tedes equipo de sobra para salvarvos sen apuros….
Ainda k os seguidores do Celta celebrasen a “manciña” do Barcelona a o depor, eu dende coruña, desexolles sorte.E coincido ca a opinion de antonio seijas
volvemos a uefa, con unha “manciña” a o santander
E onte kintana, en riazor, tendrá k volver, da suerte:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030900_12_267014__DEPORTES-Anxo-Quintana-pierde-minuto-magico
Non é tempo de porse a xogar ao fútbol. Agora cómpre morder e apelar aos sentimentos máis primarios que, ás veces, no fútbol, funcionan. Moita sorte. En canto a Quintana, que ben lle tería estado quedar con Lendoiro fai un aniño. Érache un socio ben acaído. UN SAUDO