Cara Times Square
Camilo Gonsar ben sabía que Times Square é a encrucillada de todos os vieiros de Manhattan. Hoxe o máis impresionante da praza é a substitución dos neons polas pantallas. Unha auténtica golosina para os ollos. Etiquetas: NY
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Camilo Gonsar ben sabía que Times Square é a encrucillada de todos os vieiros de Manhattan. Hoxe o máis impresionante da praza é a substitución dos neons polas pantallas. Unha auténtica golosina para os ollos. Etiquetas: NY
Bryant Park é outra illa de frescura no Midtown. Detrás da 42nd Stret Library, onde había unha interesante exposición sobre a edición francesa, ábrese un parque para o lecer e a lectura. Mesas, cadeiras e libros dispostos para a lectura e o manexo dos ordenadores (é todo un espazo wifi). O esforzo da impresionante rede […]
A sede das Nacións Unidas é unha burbulla extraña á beira de Midtown. O péndulo de Foucault, doazón de Holanda, preside o hall onde están instaladas unha gran exposición de fotografía, “Tales from a globalized world”, e unha mostra de traballos sobre a paz realizada por escolares de todo o mundo. Saímos melancólicos coa impresión […]
Despois de oito horas de voo, aterramos en JFK. Nin sequera as grandes bandeiras e os retratos do presidente nos mostradores chegaron a sorprendernos; nin tampouco as longas colas para completar os trámites de entrada, pegadas dixitais e fotografías incluídas. O que sinceramente non agardabamos é que o funcionario de inmigración, despois de esculcar devagariño […]
O día do regreso non puido ser máis triste: morreu Luis Noia Domínguez, o noso amigo, o impresor de Gráficas Numen dende hai máis de corenta anos. Mañá sábado, á unha do mediodía, serán esparexidas as súas cinzas no peirao da Guarda. Alí estaremos testemuñando a nosa admiración e lealtade con este grande impresor comunista.Actualización […]
O blogueiro marcha de viaxe durante unha semaniña. Unha pausa necesaria. Actualización (13-08-2006): No artigo da semana reflexiono sobre a catástrofe dos incendios. Etiquetas: Artigos
Etiquetas: Incendios, Galicia
Hoxe coñecín dous novos blogs: o completísimo de Ana Bande (achegando textos moi interesantes sobre a lectura e a biblioteca) e Galiza-Israel (proporcionando unha perspectiva dende Israel, pouco frecuente nos nosos debates, ao conflicto xudeu-palestino). Merecen a nosa atención. Etiquetas: Blogs
Cando onte á noitiña deixamos a Pawley na Coruña, despois da asinatura de Agustín e da recollida dos premios Lecturas, non sabiamos que na nosa viaxe pola autoestrada comprobariamos tan de preto o horror provocado polos terroristas do lume. Xa pasaramos unha Compostela sitiada por unha mesta nube de fume mais, en chegando a á […]
Velaí a agardada crítica de Martin Pawley: novelísima! Foto de Xurxo Lobato (A Coruña 22 de xullo de 2006) Etiquetas: Rivas

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
