Cultur.gal, xoves 10

Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun momento decisivo para a expansión da cultura e da lingua galegas en Internet. A iniciativa é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a través do seu portal culturagalega.org, o programa “+Internet + Galego +Futuro” da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

Outras actividades:

  • Inauguración de Quico Cadaval (12:00).
  • Emisións da Radio Galega (15:00-17:00): “Diario cultural” e “Aberto por reformas”.
  • Presenza de escritores: Suso de Toro, Fina Casalderrey, María Reimóndez e Miguel Anxo Murado.
  • Presentación da exposición “Palabras contadas” de Camilo Franco.
  • Presentación de Misturados, disco en directo de Cristina Pato + Mutenrohi (Zouma Records).
  • Documentais: How soon is now?, de Alfonso de la Puente e Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
  • Longametraxes: De profundis, de Miguelanxo Prado e O bosque de levas, de Antón Dobao, adaptación da novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo.
  • Espectáculo (21:00): Pezas escénicas de Mofa e Befa.
Etiquetas: Culturgal