Carod Rovira presentador dun libro galego
Entre tanto rebumbio non demos conta da presentación da Guía dos Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007 que realizamos en Barcelona. Contamos coa presenza e as palabras en galego do Conseller en cap da Generalitat (a información do acto de Galicia Gastronómica é completísima). Unha deferencia que moito lle agradecemos.
O mau é que se poida prestar ao chiste fácil que sexa precisamente ese libro (o demo afaste os ollos de fedeguico de aquí).
Descoñezo se Carod é unha autoridade na materia, pero se foi convidado supoño que sería por algo, ou foi polo seu tirón mediático?
Tamén el fala galego na intimidade?