Onte 262: A queimada de Feijoo
Feijoo foi entrevistado en Intereconomía por «12 mulleres sen piedade» e acabou preparando unha queimada. Coma se dun émulo de don Manuel Fraga se tratase, mesmo leu o esconxuro para espantar as penurias da crise. Nunca tal viramos. Probablemente para unha parte da audiencia da canle ultraconservadora o máis significativo do programa non fose esa impresionante performance exotérica, nin que defendese a privatización dos servizos sanitarios nin que se presentase como adaíl das políticas de austeridade, senón o feito que o presidente da Xunta respondese en galego a pregunta que unha das xornalistas lle fixo en inglés. Sen dúbida, para os seguidores de Intereconomía, un comportamento propio dun perigoso separatista. Quen o diría!!!
hi nice article on Burning Feijoo thanks for nice information …
E cando lle preguntaron se era gay, eh?