A cidade perdida
O vindeiro 17 de novembro estréase A cidade perdida, un documental que pretende pór en valor a arquitectura industrial destruída da cidade de Vigo. Edificios como a Panificadora, Cerámicas Santa Clara ou La Artística son emblemas industriais que non nos poden ser roubados. Beizóns para este esforzo de recuperación da nosa memoria. Agardamos con expectación esta proxección.
Etiquetas: Vigo
Engadamos a grande fábrica de Citröen, verdadeiro símbolo da nosa cidade olívica, e os fermosos tinglados do Berbés e Guixar, cos silos incluídos e, de ser posible, os asteleiros de Vulcano e, por se non for pouco Vigo, conservemos Pescanova e os belísimos peiraos da Minero Siderúrgica de Ponferrada, baixo a ponte de Rande.
Coincido contigo na recuperación destes espazos industriais. E non precisamente para facer blocos de apartementos. Espazos de acceso a todos e todas. Mantendo a súa componente de relación social entre os traballadores e traballadoras que no seu día deixaron parte da súa vida nelas.
Fábricas de arte, coñecemento e relacións sociais e non compartimentos estancos para uso individual. Ao fin e ao cabo foron espazos colectivos e debían seguir sendo.
Parécenme magníficos os seus posts, a gran carga informativa, así como os numerosos enlaces que conteñen contidos relacinados.
No que respecta a este post, temos que loitar para manter a arquitectura emblemática das nosas cidades, porque é a nosa cultura, porque somos nós.