Libro electrónico
/en Cine, Libro, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVer a curtametraxe (10 minutos).
Entrevista a Torrente Ballester
/en Autores, Entrevistas, Vídeos/por bretemasArdora
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Historia/por bretemasDedico o artigo da semana a comentar as Ordenanzas de 1573 sobre a pesca da sardiña na ría de Vigo, texto que coñecín traducindo para o galego o primeiro capítulo d’ A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez. É reveladora, e moi actual, a conciencia conservacionista que posuían os mariñeiros galegos de hai cinco séculos.
A contrafío
/en Blogs/por bretemasVisitei ao longo de toda esta semana este novo blog de política nacionalista. Recoméndoo: anotacións moi ben escritas, rigorosamente documentadas e arriscando opinións nacionalistas fóra do marco do politicamente correcto (as anotacións sobre a saída da Volta a España e sobre a composición do goberno municipal de Vigo son dous bos exemplos). Saudable tamén é a volta a actividade, tras un pequeno descanso, dos blogs de Ian e do Funambulista coxo (magnífica a súa anotación sobre Terrorista de Updike e a pintura de Antonio López)
O ADN de Juan Varela
/en Medios/por bretemasEsta entrevista con Juan Varela, o noso benquerido mestre blogueiro e director do futuro xornal dixital Adn.es, apunta interesantes reflexións sobre o periodismo de hoxe que quere acometer a partir do mes de setembro. Velaí unha cantas.
- Los medios informativos tenemos que hacer información: innovar en estilos, contenidos, ideas que tengan que ver con la información.
- Los gratuitos nos han demostrado que se pueden crear nuevos públicos.
- Buscamos un público de calidad en términos de mercado. Queremos que nuestros usuarios estén más tiempo con nosotros, haciendo más cosas con nosotros y cuyo perfil le apetezca más a los anunciantes. Las masas no son nuestro ámbito. A mi redacción le estoy diciendo que piense en personas, individuales, concretas y absolutamente diferentes entre sí para llegar también a comunidades con elementos en común muy fuertes.
- Una de nuestras noticias utilizará formatos tradicionales, desde la pirámide invertida o las seis uve dobles hasta narrativas no lineales o activismo narrativo. Hay que avanzar en el hipertexto y en la multimedia de verdad, no en pegar en una noticia un vídeo concebido para la televisión.
Prometeus, A revolución dos medios
/en Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVía Juan Freire.
Libro de texto
/en Libro de texto/por bretemasAgradécese moito esta reflexión de Txetxu sobre a cuestión do libro de texto. Estou convencido de que o novo sistema de prezo libre para o ensino obrigatorio implantado as presas, tras a recente aprobación da nova “Lei da lectura, libro e bibliotecas“, moi pouco vai contribuír a revalorizar o libro de texto como ben cultural e educativo e a favorecer a competencia entre librarías e grandes superficies (temo que os libreiros volvan ser os grandes perdedores). Se a isto engadimos a confusión creada en Galicia polo funcionamento do modelo de gratuidade mediante préstamo (sendo rigorosos, incompatible con este sistema de prezos libres), temos asegurado un vindeiro mes de setembro caótico para as familias, libreiros, profesorado e os propios editores. Non debería alguén poñer un pouco de orde e sensatez no sector?
Tampouco lle falta razón a Barandiarán cando profundiza na reflexión sobre o futuro dos materiais curriculares non universitarios, que, queirámolo ou non, está vencellado ao desenvolvemento das competencias dixital e en comunicación lingüística (a famosa ALFIN ou alfabetización informacional ou literacidade electrónica, como queiramos chamala) dentro de todo o sistema educativo. Para iso falta mellor conectividade nos centros, máis e mellores materiais electrónicos e moita formación (de editores e do propio profesorado). Calquera alternativa de futuro sobre o libro de texto (máis alá das “crises dos modelos de gratuidade”) debería pasar por abordar esta cuestión decisiva (unha auténtica reconversión do noso sector). Xa é tempo de que os editores comecemos a poñerlle nome aos verdadeiros retos cos que nos enfrontamos.
Elixio Rodríguez, unha historia de vida
/en Autores, Vídeos/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.