Economía da atención
/en Literacidade/por bretemasSimposium sobre o libro e as novas tecnoloxías
/en Uncategorized/por bretemas
Mañá comezará o Simposium sobre “O libro e as novas tecnoloxías” coas agardadas conferencias de Millán, Badiá e Barandiarán, e os debates sobre o futuro da edición e a snovas tecnoloxías e sobre a edición en lingua galega e as súas aplicacións educativas.
Neste momento contamos case con cen inscritos, o que semella espertou moito interese.
Produtores de odio
/en Cidades, Política/por bretemas
Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005
Os produtores de odio traballan a eito nalgunhas zonas céntricas de Madrid. Afortunadamente estes carteis insidiosos son combatidos por outros madrileños demócratas e solidarios. Cara ónde quere levarnos esta dereita española irresponsable e mentirosa?
Fronte estes produtores de odio ofrezo os versos de Manuel Rivas:
Madrid de outono, / capital mesterosa dun imperio / de colleiteiros de follaxe.
Efecto Leonor
/en Política/por bretemasBroken Flowers (Flores rotas)
/en Cine/por bretemas
Onte, despois dunha longa paseata pola Castellana e de xantar nun restaurante hindú (El séptimo cielo), fomos ver Broken Flowers (Flores rotas) en versión orixinal, obrigado pawley pola magnífica recomendación. Gustounos. Este é un exercicio soberbio de narración sutil e minimalista que amodiño vai prendendo no espectador con enorme profundidade ata deixalo rendido. Tras a a aparencia de comedia, Jim Jarmusch ofrece un drama sobre a fasquía actual da soidade e sobre a interrelacións das persoas entre elas e co mundo. O director independente norteamericano non ofrece certezas nin consellos morais. “O pasado foise, o futuro non está aquí e non o podo controlar, así que supoño que o hoxe é o único que existe”, afirma Don (o protagonista interpretado de forma maxistral por Bill Murray, que enche coa súa presenza imponente e a súa mirada de irónica tristeza toda a pantalla), ao remate dunha obra que queda aberta para a reflexión do espectador. Ese chisco de amargura agradécese no cinema de hoxe, xeralmente tan complaciente como insubstancioso. Recoméndoa.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Irmandade ártica27 de Xaneiro de 2026 - 8:28 a.m.
Resiliencia celtista24 de Xaneiro de 2026 - 7:35 a.m.
Trump e o día escolar pola paz20 de Xaneiro de 2026 - 8:39 a.m.
Manicura celeste19 de Xaneiro de 2026 - 7:24 a.m.
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.



