Tempo escolar
No artigo da semana propoño, a raíz da folga dos mestres, unha reflexión sobre o horario e o calendario escolar.
Etiquetas: Artigos
No artigo da semana propoño, a raíz da folga dos mestres, unha reflexión sobre o horario e o calendario escolar.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Coincido moito con vostede. De feito, entendo que a consellaría, timidamente, vai nese camiño. Pero cústame ver nos argumentos ofrecidos polo(s) sindicato(s) esa percepción global do problema, e sobre todo, eses retos no horizonte.
Vostede cre que o profesorado estaría disposto a un aumento do tempo de permanencia no centro compensado cunha rebaixa da carga lectiva?
Supoño que o fondo da cuestión versa sobre a escasa posibilidade de conciliar a vida familiar coa laboral, o que obriga a moitos pais a pretender que a escola se convirta nun aparcadoiro dos seus fillos.
Resúltame trístimo ollar como algúns nenos de tres anos chegan ao colexio ás oito da mañá e non saen ata as seis da tarde, pasada xornada lectiva, comedor e actividades extraescolares. Deste xeito non se pode educar aos fillos, pois a educación é responsabilidade dos pais e non é delegable na escola.