Onte 947: O rostro da derrota
Tata Martino amosou onte a dignidade do perdedor. Nunha situación moi adversa asumiu a dor dunha derrota sen paliativos, recoñecendo que o seu equipo foi inferior ao Real, tanto táctica coma fisicamente. Tras a marcha de Josep Guardiola, o Barça pechou unha etapa gloriosa de xogo e vitorias e Tito Vilanova e Tata Martino afrontaron con profesionalidade a tarefa de xestionar as derrotas, afacendo aos culés, outra vez, ao vieiro das decepcións, que sempre formaron parte da súa identidade. Onte nin sequera os meus admirados Iniesta, Xavi, Cesc, Busquets ou Messi tiveron o seu día nin tampouco contaron co alustro de fortuna que evita os paos e intimida aos gardarredes. Resultado indiscutible. Vendo o rostro dolorido de Martino na madrugada de Donostia solidariceime co rostro tan humano dos perdedores.