Onte 1258: 0 % reitoras
Con motivo do día internacional da muller publicáronse moitos textos. Entre eles, rescatei unha reportaxe que Eduardo Rolland publicou o pasado ano en GCiencia sobre a situación da muller nas universidades galegas que sei non perdeu actualidade. E abofé que os datos son contundentes. A pesar de que as mulleres son o 54 % do alumnado e o 63 % das persoas graduadas nas nosas universidades, as catedráticas representan apenas o 14 % e as profesoras titulares o 35 % dos cadros docentes, mentres as limpadoras son o 100 %. Como non deixa de ser significativo que as mulleres representen apena so 20 % nas spin-off das universidades españolas. Ademais, o feito que de que aínda non houbese unha reitora en ningunha das tres universidades galegas expresa que na nosa contorna universitaria persiste unha profunda desigualdade. Outrosí sucede no eido directivo das empresas, onde a presenza das mulleres continúa sendo moi baixa. A procura da igualdade real no mundo do traballo, tanto salarial como de responsabilidades, continúa sendo unha causa pola que todas as persoas debemos continuar loitando.