Onte 501: Día George Orwell
Sempre tiven presente que foi George Orwell quen propuxo crear un ministerio da verdade en 1984. No seu ensaio Politics and English Language, no que estudaba as viaxes de Gulliver (1946), afirmaba que «a linguaxe política –que a pesar doutras diferenzas é igual en todos os partidos, desde os conservadores aos anarquistas– está deseñada para facer que as mentiras semellen veraces e respectablemente asasinas». Sentenza que non perdeu, magoadamente, actualidade ningunha e que coincide coa celebración do primeiro Día de George Orwell, creado pola Asociación Premio George Orwell e a editorial Penguin para lembrar cada 21 de xaneiro o pasamento do autor de A revolta dos animais. Unha historia fantástica (edición galega de Positivas, 1992) ou Homenaxe a Cataluña, entre outras obras memorables. Un autor que merece ser recuperado.