Poema de hoxe 32: «Sinto» de María Mariño
Listado de la etiqueta: maría_mariño
Onte 1328: Kruckenberg
/en Autores, Cultura, In memoriam, Onte, Poesía, Vídeos, Vigo/por bretemasEste 17 de maio quedará na nosa memoria pola tristeza do pasamento de María do Carme Kruckenberg, a poeta viguesa que fixo da súa vida un exercicio continuo de rebeldía. É inevitable lembrar a súa enerxía entusiasta e a súa solemnidade cando recitaba, mostra da súa elegancia humana e dunha vocación literaria que nunca abandonou. Pioneira nunha sociedade literaria moi masculina e machista, como lles suceceu as súas compañeiras, as irmás Pura e Dora Vázquez, Luz Pozo Garza, María Mariño, Xohana Torres ou María Xosé Queizán, tivo que loitar arreo para manter a súa independencia e agardar a un recoñecemento serodio da súa obra literaria que chegou a finais da década de 1980, despois de ser vicepresidenta da AELG. Emigrante e viaxeira, como sinalou Mercedes Queixas a súa biógrafa, Chuchi. «respirou polo mar de Vigo», «fixo de Vigo o seu lugar no mundo», porto seguro tras as difíciles travesías. Esta noite sentindo a fragrancia da maruxía da ría lembrámola con saudades e silencioso respecto.
Grazas a Pilar Ponte por publicar onte documento tan valioso como é esta peza audiovisual de dez minutos sobre a presentación en Vigo, o 5 de abril de 2011, de Vivir unha aventura irrepetíbel, a biografía de Mª do Carme Kruckenberg de Mercedes Queixas.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Lar20 de Novembro de 2024 - 10:22 a.m.
- Festa do cabazo19 de Novembro de 2024 - 9:45 a.m.
- Pregón da festa do cabazo17 de Novembro de 2024 - 9:02 p.m.
- Xigantes da lectura13 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Discurso de recepción do premio «Lenda do recreo»12 de Novembro de 2024 - 9:36 a.m.