Onte 1359: Aprendizaxe cooperativa
Simposio bienal de Khelidôn, a rede de centros para a aprendizaxe cooperativa. Nacida na Universidade de Vic a partir do seu programa «Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar», hoxe a rede está formada por centros educativos e profesionais da educación de diversas comunidades autónomas, que comparten un modelo de escola baseada na inclusión de todo o alumnado e nos valores da cooperación, o respecto polas diferencias, a convivencia, o diálogo e a democracia. Esta decidida opción pola escola inclusiva e pola ensino e aprendizaxe en equipo supón tamén unha aposta a prol da creación de estruturas docentes de cooperación e, en xeral, de toda a actividade educativa desenvolvida tanto fóra como dentro da aula. Aquí pode baixarse o programa deste interesantísimo Simposio e aquí da presentación da rede Khelidôn, cuxo nome homenaxea ás andoriñas que cooperan na alimentación de cada niñada.
Recibín onte unha moi valiosa información, enviada polo meu vello amigo Xosé Ramón Lago, profesor da Universidade de Vic, sobre a celebración no IES Politécnico de Vigo, os días 1 e 2 de xullo, do