Suso Jares, ourive sensible
No artigo da semana publico unha lembranza de Suso Jares. Ao longo da semana foron aparecendo diversos textos no seu recordo: os dous artigos de Marcos Valcárcel e a anotación e os comentarios no seu blog; a anotación do noso amigo Manuel Area Moreira (profesor de Tecnoloxía da educación da Universidade da Laguna); a de Klimta, a de Francisco Castro e os seus comentarios, o artigo de María Reimóndez an edición impresa d’ A Nosa Terra e os comentarios que deixaron os profesores Gloria Ramírez, JM. Alonso Muñiz e José Tuvilla Rayo no xerais blog… A todos eles o noso maior agradecemento polas súas palabras.
Actualización (06-10-2008): artigo de Xosé María Palmeiro, anotación de Bouzafría, condolencias da Coordinadora Galega de ONGD.
benquerido manolo
a cuasalidade fixo que tropezara con teu blog BRETEMA precisamente á conto de suso jares
é unha moi agradable sorpresa!!!
recibe unha forte aperta dende tenerife
manuel area