Respostas para a crise das vieiras
Sigo con enorme interese a crise das vieiras amnésicas, sobre todo, grazas a documentadísima información e seguimento proporcionado polos blogs de Colineta e Manolo Gago. Entre esta ramallada de informacións e pronunciamentos sobre este proceso, sometido aínda a secreto de sumario, a perplexidade dos consumidores vai en aumento. No entanto, cabe facerse unha serie de preguntas que requiren unha resposta por parte dos responsables da Administración galega, e que non deberan ser adiadas durante máis días:
- Antes da posta en marcha desta investigación xudicial, como funcionaron os controis preceptivos de loita contra o furtivismo por parte da Administración competente (consellarías de pesca, comercio e consumo e sanidade)?Existían indicios destas prácticas? Abriuse algún expediente sancionador? Realizouse algún tipo de inspección a establecementos de distribución ou consumo?
- Como poden asegurarse os consumidores que adquiren ou consumen produtos debidamente etiquetados e controlados sanitariamente?
- Como poden diferenciar os consumidores entre a vieira amnésica (furtiva e ilegal) e a comercializada legalmente? Cal é a trazabilidade da vieira que se pode consumir? Pode consumirse algunha vieira galega? Cal? De onde procede?
- Que medidas adoptou e adopta a Administración galega para evitar a contaminación endémica das rías (a de ferrol leva pechada dez anos), onde semella residir a causa da toxicidade deste marisco?
- Existen outras especies que padezan problemas semellantes?
Máis alá dos resultados da causa xudicial, que depurará as responsabilidades do caso, semella necesaria tamén unha resposta política. O silencio, sobre todo da Consellaría de Pesca, non pode crear máis que confusión e alarma entre os consumidores e deteriorar a imaxe de Galicia e dun dos seus produtos máis prestixiosos.
“Crise” das vieiras? Crise a miña, que me me van reducir o contrato á metade a partir deste mes e non sei se vou poder comer, e non a dos pobres conselloiros do obradeiro, que xa non van poder rillar nas vieiras frescas pagadas cos nosos cartos.
Pide un imposible, Brétemas. Como se lle ocurre pedir explicacións aos responsables da Administración galega se eles son os principais consumidores de vieiras amnésicas en afamados restaurantes? Isto é, non saben que dicir porque non recordan nada.
Anonimo, tes razón.Crisis a tua e a de moitos mais.Eu non sei como os gobernantes teñen tanta cara dura.Eu vin onte a touriño e a aymerich, nos mundos de yupi, e pensba na xente k o esta pasando mal.Realmente e penoso
Un saudo e sorte
A.Coruñes