Reducir, a ecoloxía profunda
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TPnCB8NTwlU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
No artigo da semana, a raíz da campaña «Bolsa Caca» e do abandono da fabricación das lámpadas incandescentes, inicio unha reflexión sobre a necesidade de reducir os consumos enerxéticos, alimentarios, ou de envases innecesarios como xenuíno comportamento da ecoloxía profunda.
E sabido k vense esas bolsas ciscadas por calkeira parte. Pero…k comodas eran. O k non vexo eu ben e o da alternativa a elas. O carre4 vaise a aforrar moitos cartiños e che din k merques as de 50Cts. O minimo k poderian facer e sustituir o plastico por cartuchos de papel, e gratis.
O problema, é que xa chegaron os xornalistas e economistas, dicindo que esto é unha medida económica polo tema de crise bla bla bla cando xa hai unha directiva da UE preparada para a eliminación das bolsas de plástico (similar a das lámpadas) e diferentes propostas no congreso dos deputados, na nova lei de economía sostible, sobre diferentes impostos ás bolsas de plástico.
Se o fan malo, porque claro é unha medida impopular (a maioría da xente xa se acostumou ás bolsas, non acordando como se facía antes) e se non o fan, aínda é peor.
Dende logo, os DIA e LIDL por exemplo fai anos que o fan, e naide di nada e agora si.