Recuperar o vieiro

No artigo da semana reflexiono sobre a necesidade do Bipartito de recuperar os seus sinais iniciais de identidade: programa común de goberno, austeridade e transparencia na xestión e comunicación compartida. Dende as posicións cidadás é necesario esixir este novo impulso de rexeneración democrática.

Etiquetas:
3 comentarios
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Infelizmente non semella que a rexeneración democrática necesaria despois da etapa Fraga entrara nos sinais de identidade deste novo goberno. O único sinal de identidade que percibimos cada día é, paradoxicamente, o da “visualización” diferenciada e o da utilización -homologable en moitos aspectos cos gobernos de dereitas- da administración pública en beneficio propio, e a dos fondos públicos para alimentar aos fideles respectivos e “convencer” aos Medios mediante a deleznable práctica, nunca abandoada, da mal chamada publicidade institucional. Se algunha vez pensaron na austeridade, esquecérono no mesmísimo primeiro día no que gobernaron.

    Eu particularmente nunca vin ningún rego común ao que deberan agora volver. Eran dous regos para alimentar dous rodicios para dar fariña a familias distintas… aínda que no fondo -eles o saben- todas sexan do mesmo clan.

    Non me gusta dicir isto, pero un xa está un tanto farto de tragar sistematicamente rodas de muíño administradas polos “nosos”.

    Perdón polo cabreo e saúdos.

  2. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Por certo, subscribo en xeral o contido crítico do artigo, pero non son capaz de enganarme sobre as posibilidades dun arranxo desta situación. Os partidos protagonistas, non están capacitados e semellan traballar exclusivamente para reproducirse no poder autonómico e local. Mala actitude para satisfacer conxuntamente os intereses xerais.

  3. Un galego emigrado
    Un galego emigrado Dice:

    Eu, despois de dous anos de goberno, e coa experiencia acumulada en gobernos locais, tampouco teño esperanza de ningún cambio. Este “cambio” resúltame bastante decepcionante.

Los comentarios están desactivados.