Por uns cantos votos
Confesouno onte Agustín Baamonde, voceiro de lingua do Grupo Parlamentario Popular, na mesa redonda que moderamos na cuarta xornada do Seminario «Sociedade, Lingua e Política» celebrada onte no Consello da Cultura Galega: «o tema da lingua non foi unha das prioridades do PP até a aparición de Galicia Blingüe que fixo medrar un caldo de cultivo sobre a necesidade de romper coa política lingüística do bipartito, non cos consensos anteriores». Como moi ben relata Montse Dopico en Galicia hoxe, Agustín Baamonde explicou como «a previsible incidencia de Galicia Bilingüe e UPyD na bolsa de votos que podía decidir a cor do último e decisivo escano nas eleccións de marzo do 2009, foi o factor que levou os “estrategas” do PP a incorporar o tema da lingua na campaña “de xeito claro” coas promesas de derrogar o decreto do galego do bipartito e consultar os pais.» É xusto hipotecar o futuro da lingua dun país por uns cantos votos? Verdadeiramente desolador.
Ademais desta mesa redonda de voceiros dos grupos parlamentarios do PPdeG e BNG (o PSdeG escusou a súa ausencia), foron moi interesantes todas e cada unhas das ponencias presentadas:
– Xoán Lagares, «A situación do galego na perspectiva internacional: A”nosa língoa” e “os da banda d’ alá”»
– George Kremnitz, «Convergencias/divergencias de comunidades lingüísticas en el marco español»
– Ángel López García Molíns, «Retruque á ponencia de George Kremnitz»
– Juan Carlos Moreno Cabrera, «Lengua / Nacionalismo en el caso español»
– Fermín Bouza Álvarez, «Retruque á ponencia de Juan Carlos Moreno Cabrera»
– Albert Branchadell, «Retruque á ponencia de Juan Carlos Moreno Cabrera»
Aos poucos, imos descubrindo o verdadeiros motivos do PP. Unha mágoa hipotecar unha lingua por unha presada de votos. Mais isto ten que ser difundido para que a xente coñeza a verdadeira catadura moral desta xente.