8
comentarios
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.
Vostedes teñen a Toquinho e Milton Nascimento, a Gal Costa, a Franz Ferdinand. Nós, na Coruña, a Camela, a Coti e a Carlos Baute (vale, certo, tamén a Paul Weller). E en Santiago, este ano… ¿Rosa? ¿La Oreja de Van Gogh?
E ademais, teñen un ciclo ao ar libre estupendo 😉
Totalmente de acordo, Manolo. Igual non hai presenza galega por iso de “evitar as aglomeracións”, como cando o Día do Libro…
Estou dacordo con pawley:non é o mellor pero dentro do que cabe non está mal tendo en conta os dos anos pasados. Este ano vén Helloween (mágoa que non esté en Galiza para ilo desfrutar) e non hai ningunha Pantoja como o ano anterior. Eu quero que veña System of a Down, pero…
Hola. Non penso que se poda calificar a Franz Ferdinand e Pet Shop Boys de grupos de segunda ou tercera fila e, moito menos, de socialmente irrelevantes. Considero un logro que un goberno de PP leve ás súas festas municipais a un icono gay-proletario e non a un Triunfito. E o da ausencia de grupos galegos…. bueno, habería que falar cos señores de Estrella Galicia e preguntarlle os criterios para seleccionar ós seus artistas do aniversario. Saúdos dende A Coruña.
Recoméndolle o artigo de Horacio Vixande sobre Franz Ferdinand n’A Nosa Terra.
(Conste que non pretendo defender a Corina).
Penso que cando alguén acusa a Franz Ferdinand de grupo de medio pelo non merece sequera que lle contestemos, a súa incultura musical queda patente nas súas palabras, pero… non podo resistirme. Sorpréndeme tanto en vostede, señor Bragado, normalmente tan ponderado, este absurdo e furibundo ataque ao PP, coas festas por medio. Ataque ao PP, pero déixenos disfrutar ao resto do mellor concerto do verán galego, o de Franz Ferdinand. E non volte a compararnos con Santiago e Coruña, nestas cidades tocan Camela, Rosa de España, o Koala e El Arrebato, ah, sí, e Paul Weller como gran estrela. Por favor, señor Bragado, continué falando de libros, sabe moitísimo máis deles que de música!!!!
O programa de concertos de Vigo para este verán é o máis pulcro que recordo en anos. Creo que so tes un comentario afortunado na túa columna do Faro: ¿onde están os artistas galegos? É certo que Galicia vive momentos moi emocionantes no que se refire ao musical. Hai grupos novos de rock revirado, como Triangulo de Amor Bizarro, ou unha aposta sería por facer pop en galego comercial e que non da a espalda á tradición: Emilio Rúa. Tendo en conta a poder dunha sección como a que tes no periódico, pediríche máis precisión e críticas argumentadas e documentadas. Galicia aínda ten unha cultura musical pop -por eso de popular; música non culta- prehistórica, e necesita moitos máis concertos. Un saúdo dende Cangas.