Outro esvarón de Feijóo
No seguimento desa tarefa imparable de demolición da nosa lingua, emprendida polo Goberno de Feijóo, temos que ocuparnos hoxe do anuncio realizado polo presidente sobre o carácter vinculante da consulta que sobre a lingua materna de cada neno pretende organizar “proximamente” nos centros escolares. Chámannos a atención dúas cuestións sobre estas declaracións: primeira, que fosen realizadas en Barcelona, sen dúbida coa intención de acadar maior repercusión na prensa e no contexto da actual campaña das europeas (Génova apreta); e, segundo, o disparate no que incorre Feijóo cando afirma que «quen decide sobre a educación dos nenos son os pais e non o Goberno». Dous séculos de educación pública dilapidados nun plis plas polo noso presidente, que non debe ter moito tempo para deterse a estudar os matices introducidos nos temas educativos e lingüísticos polos seus asesores e membros do seu goberno. Feijóo volveu atrapallarse? Confundiu allos con bugallos? Está moi presionado por Génova ou FAES?
O noso presidente debería coñecer que nas políticas de inmersión lingüística é moi importante contar co apoio das familias (ben o saben, dende hai décadas, as políticas da Generalitat); como non pode obviar (para iso mesmo está algunha sentenza do Tribunal Constitucional) que a competencia do establecemento do currículum (do qué, do cándo e do cómo se ensina no sistema educativo obligatorio) corresponde ás Administracións Educativas, nin a doutrina xurídica do Constitucional que deixa claro que os pais non teñen dereito a elexir a lingua de escolarización.
Os responsables técnicos da Consellaría de Educación deberían decontado aclarar o sentido das erradas palabras de Feijóo. Simplemente por respecto aos corenta mil profesores e profesoras galegos que hoxe se sentiron desautorizados por estas imprudentes declaracións. Un desprezo ao papel do profesorado (e aos seus dereitos) que non é a primeira vez no que incorre Feijóo. Alguén no PPdeG debería ter a afouteza de poñer couto a este delirio e introducir as mínimas doses de racionalidade neste debate educativo e lingüístico.
Señor presidente: as finalidades da educación sinálaas a sociedade por medio dos seus representantes lexitimamente escollidos; o establecemento das ensinanzas mínimas corresponde á Xunta de Galicia, previo informe do Consello Escolar de Galicia; os currículos de cada centro son competencia do claustro do profesorado, un órgano técnico que as recolle nun documento público (o proxecto currícular de centro); a programación que se desenvolve en cada aula é competencia de cada profesor ou profesora… As familias teñen o seu necesario e lexítimo espazo de participación por medio das eleccións do Consello Escolar do Centro e polas súas asociacións de pais e nais. En definitiva, no noso desenvolvemento constitucional e autonómico no eido educativo non aparece por ningures o que vostede defende. Quen o asesora? Onde quere levarnos?
Para cando a próxima manifestación?
Pois eu creo que quere levarnos ao absurdo, e, de paso, a mudar os nosos horizontes normalizadores. Facer que todo o pasado nos pareza bo vista esta acumulación diaria de absurdos, disparates e declaracións que bordean, se non se mergullan nela, a ilegalidade. A sentencia “una cosa es la normalización lingüística y otra bien distinta la imposición” debera fixarse no frontispicio do edificio de San Caetano e mais no do Hórreo. Porque, efectivamente, a normalización é xustamente o antídoto contra a imposición. O malo é que no estraño idiolecto de Feijóo a semántica toleou.
Este titán das liberdades permitirá aos pais que escollan as asignaturas que os seus fillos van cursar, e se queren ou non aulas mixtas? A vida intelixente no PP semella ser inversamente proporcional ao seu número de votos. Que catro anos de non aburrírmonos!!
Magnífico, Brétemas. O presidente debería plastificar este post, en particular o derradeiro parágrafo, e logo pegalo cun imán no frigorífico da casa, no do Citroën, no da cordialidade excesiva (xeo, xeo…, que non nos cordie tanto) e no do despacho. Para repasalo entre horas, digo.
Parece mentira que este señor botase as moas do xuízo subido xa a un coche oficial (Audi daquela, I suppose).
No tengo hijos, pero si algún día los tengo algún día quiero poder escoger la lengua en la que dar las asignaturas troncales como en tantos otros sitios en los que hay conflictos de este tipo.
No sé que manía tenéis de intentar imponer el gallego, por favor, somos tan gallegos como vosotros respetad a los que queremos hablar en castellano. Nosotros no nos metemos con vosotros, simplemente pedimos el derecho a usar la lengua que sentimos como propia, aunque os moleste que no sea el gallego, no estamos ni por asomo pensando en los gallegoparlantes, pensamos en nosotros mismos a lo que tenemos perfecto derecho.
El derecho de uno acaba donde empieza el de los demás, así que seguid hablando gallego y dejadnos hablar y educar a nuestros hijos en la lengua que queramos.
De opinións demagóxicas coma a de VEC é do que se alimentan os delirios de Feijoo. Porque Vec posiblemente sabe (e, se non, pode informarse) que os obxectivos básicos do sistema educativo, en todos os lugares, os fixan os gobernos democraticamente elixidos, como representantes da cidadanía. Porque a educación dunha comunidade non compete só aos pais, compete a toda a cidadanía, pois a sociedade vai ir por un ou por outro camiño en función da educación que se imparta. Imaxinemos un grupo de pais que promovese unha educación racista e segregadora: o goberno tería autoridade para clausuralo, sen dúbida ningunha.
En Galicia, un dos obxectivos educativos é que o alumnado adquira unha boa competencia en galego e en castelán. Un obxectivo que asegura unha convivencia democrática en liberdade. A boa competencia en castelán, imposta ademais pola Constitución, está garantida sen problemas: non hai alumno galego falante que non teña unha boa competencia en castelán. A boa competencia en galego, pola contra, é a que dista moito de ser unha realidade. É unha obviedade, pero hai que lembralo: hoxe por hoxe, os que somos verdadeiramente bilingües somos os galego falantes.
Se non se garante esta dobre competencia, a cidadanía galego falante queda reducida a cidadáns de 2ª, pois non poderá usar a súa lingua con normalidade, haberá unha serie de lugares onde terá que agochala; iso nunca lle pasará á cidadanía castelán falante, que ten garantido sempre o seu uso normal. Paréceme moi ben isto último, mais tamén o quero para min e para os meus fillos. Por iso debemos aspirar a un bilingüismo simétrico: igualdade legal para as dúas linguas oficiais. Todos cidadáns de 1ª, que ademais é ben doado de conseguir.
Sobre o dereito dos pais, aparte do que di Brétemas no seu post, recoméndolle que se faga coas sentencias do Tribunal Constitucional que abordan esta cuestión. Verá qué sorpresa leva.
As dúas últimas liñas de Vec son un exemplo claro das súas intencións implícitas: os galegos ao guetto, quedádevos alí e non molestedes. O problema está en que queremos vivir con normalidade e nos negamos a quedar no guetto en que nos queren encerrar. Por iso hai unha cousa na que coincidimos: el derecho de uno acaba donde empieza el de los demás. Si, eu firmo iso. Pénseo, por favor (se cre que os galego falantes tamén podemos ter dereitos).
Vec, claro que poderás educar aos teus fillos na lingua que ti queiras, como se queres facelo en inglés, pero se vives en Galicia o máis lóxico é que aprendan galego dende pequenos, nas escolas. Despois ti, na casa, podes falarlles no que che pete, que ninguén quere quitarche esa liberdade nin impoñer nada. Eu, que vivo en Cataluña e tiven aquí á miña filla, xamais pensei na posibilidade de que na escola lle falasen galego, nin castelán, pero o que si fixen foi falarlle estas linguas na casa para que hoxe en día sexa unha personiña trilingüe. Non foi nada difícil, e pensa que aquí o ensino é 100% en catalán, e que na rúa non se escoita outra cousa. Por certo, alucino co feito de que Feijoo viñese aquí a dicir unha barbaridade tan grande… Pasa unha cousa, que aquí o PP practicamente non existe, é o partido menos votado, e ninguén o coñecería se non fose pola súa importancia no resto do Estado e, sobre, todo, noutra parte dos Països Catalans, a Comunidad Valenciana onde, vai ti a saber por que, teñen tanto éxito…
Non sei se dicir que non entendo nada ou que entendo todo perfectamente:
http://www.csi-csif.es/galicia/modules/mod_ense/archivos/20090525_CircularDireccionXeral.pdf
Non creoi que sexa un esvarón de Feijóo a parvada isa que dixo. Hai que lela, como ben dis, en clave electoral. Esas cousas dinnas fóra de Galicia, ante un público de dereitas (preto á extrema dereita, que é quen vota ó Pp en Cataluña). Actualmente a Feijóo convenlle facerse ver no Estado, posto que el máis Camps foron os grandes valedores de Rajoy no último cogreso do Pp. E a Camps quédanlle dous telediarios, así que Feijoo posiciónase cada vez mellor. Hai un par de anos, trala renuncia de Piqué, os medios nacionais non facían máis que atacalo por ser demasiado “centrista”, así que agora que está nunha posición de salvador do Pp a nivel nacional, convenlle facerse amigos noutros eidos da dereita.
E respecto ó contido das declaracións, pois qué dicir, que non teñen nin pes ni cabeza. Que son como as de Quintana respecto ó himno nacional nas galesoclas, boutades políticas sen fundamento pedagóxico (que é do que falamos) nin legal, como ben fas notar. A política de Feijóo para o próximo curso está ben clara (contouna Gloria Lago en La Voz de Galicia): o próximo curso preguntarán ós pais se queren que se as asignaturas troncais queren que sexan en galego ou castelán, e o resto daránse na outra opción. O que diga o 51% dos pais será o que se faga na clase. E con esta aberración viviremos polo menos tres cursos.
Vec, eu non teño pícaros pero si sei que non hai materias troncais na educación infantil e secundaria. Iso son cousas da universidade, á que é dificil chegar con pais tan sectarios que queren decidir sobre a educación, como se fose algo á carta.
Habería que ir dicindo, para que Feijóo o saiba, que en COU nun centro católico concertado estudei a Marx en filosofía e a Marcusse tamén! Igual por iso voto a partidos de esquerdas e non estou casado. Esixo que se eliminen do curriculum para que non lle fagan o mal que a min me fixero as futuras xeracións de galegos.
Eu empezo a crer que debería haber unha lei que, do mesmo xeito que todos podemos votar, non todos podamos sair electos. É inadmisìbel ter un presidente que NON sabe -porque se o sabe e o ignora, peor- cuestións elementais dun sistema democrático, da evolución da sociedade no século XX.
O que me parece preocupante -non hai tanto que saín da universidade e coa que aindo ando leado co doutoramento- é que unha persoa que ten estudos de dereito cometa grellas de tipo xeral tan graves. O mesmo penso de Gloria Lago, filologa e funcionaria de educación que parece que nunca leu o curso de lingûística xeral, atendendo ao que di.
ìdem con Pepe Blanco pode ser ministro de fomento tendo o COU como formación superior.
No fondo estamos perante un problema social, non político nin lingûístico de moita maior fondura do que parece. Unha persoa como Feijóo -e outros políticos- con declaracións como estas están DESAUTORIZADOS para mandar. E ollo á reacción dos mestres, que como dixen hai unha semanas, están moi, moi, moi, moi, moi fartos. E con razón!
Unha notiña minúscula, de tiquismiquis: a programación é competencia do departamento ou do seminario, non do profesor. Outra cousa é como a dea. A liberdade de cátedra ten certos límites.
E, xa postos, o proxecto educativo de centro é competencia do Consello Escolar, non así o Proxecto Curricular de Centro que si é competencia do Claustro. Dígoo por se lle fai caso a Lándoas o presi e o plastifica.
Arume: grazas polas precisións. Indubidablemente é certo que a programación compételle ao semaninario no caso de Secundaria e ao eaquipo de ciclo en Primaria e Infantil; porén, o desenvolvemento da programación, o traballo na aula, é competencia de cada profesor. É interesante citar o Proxecto Educativo de Centro, competencia do Consello Escolar; como, tamén, o sería falar dos Proxectos Lingüísticos e Lectores de cada centro. Que vai resolver o equipo de Feijóo sobre estes documentos do Claustro.