Onte 936: Suso de Toro, Creu de Sant Jordi
É unha fachenda que Suso de Toro reciba o vindeiro 23 de abril a Creu de Sant Jordi, condecoración coa que o Govern recoñece a 27 persoas e 15 entidades pola súa dedicación ao proxecto colectivo de Catalunya. O seu caso é moi singular xa que é a única persoa recoñecida que non é catalá xa que nin naceu nin traballou nin viviu nunca en Cataluña. A súa escolla débese, como fixo mención expresa a Generalitat, a que «os seus libros e artigos desenvolven unha visión positiva da identidade catalá e exploran vías de diálogo sobre a realidade política española». Un recoñecemento que chega despois do que Suso de Toro xa o obtivera en varias ocasións por parte da cidadanía catalá, tras intervencións memorables como as que fixo en TV3. Porén, non deixa de ser moi triste que un intelectual da súa importancia sexa recoñecido fóra do seu país antes ca no propio, onde nin sequera esta noticia merece ser desatacada en todos os xornais. Mágoa desta Galicia, unha entidade política sen realizar, onde reina o seitarismo cainita! Beizón para o grande Suso, de quen tanto nos orgulla a súa amizade!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir