Onte 459: Mural de Conde Corbal
No edificio principal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, onde celebramos onte a excelente presentación do libro de Jacobo Buceta, coñecimos un interesante mural de Xosé Conde Corbal no que aparecen algunhas das figuras da literatura galega. Nesta peza en branco e negro, estimo que dun tamaño de dous por seis metros, aparecen retratados co trazo potente, vital e característico dun dos membros máis destacados da xeración dos «artistiñas» dende Rosalía, Castelao, Manuel Antonio, Valle, Cabanillas a Ferreiro ou Ferro Couselo. Unha peza valiosa que forma parte do pequeno e coidado museo da Autoridade Portuaria vilagarcián. Arquivo estas fotos apresuradas feitas co móbil deste recurso didáctico.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir