Onte 439: Touriño en castelán

Vergonza allea sentín escoitando falar en castelán a Emilio Pérez Touriño na entrevista que Fernanda Tabarés lle fixo en V Television con motivo da aparición do seu libro de memorias (en galego). Quedei abraiado comprobando que ao longo de case unha hora non só non empregou o galego en ocasión ningunha, senón que ademais utilizaba decote topónimos deturpados («Orense», «Carballino») ou chamaba a Beiras por «José Manuel». Incrible. POlo demais, os contidos da entrevista non mereceron grande interese, xa que semellaban apenas un axuste de contas cos seus compañeiros de partido e de coalición. Pareceume un espectáculo patético, impropio de quen foi presidente da Xunta de Galicia. Mais tamén un síntoma da debacle moral e política que padece o partido socialista (tamén en Galicia).

2 comentarios
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    En castelán e con acento, como eu lle chamo, “mariachi” para disimular o máis posible a súa orixe galega e semellar máis ecuménico, tal como tamén fai o señor Feijóo. Un servidor non chegou ao espectáculo dos topónimos, porque liscou para a cama, pois na galega tocaba Matalobos, serie de grande audiencia e ben interpretada, que é aproveitada polo poder que nos goberna para prestixiar a garda civil de maneira interesada, falsa e arteira; no capítulo introdutorio de onte apereceu a benemérita controlando- coa que esta caendo- o carné de pesca deportiva a grupos de pescadores de cana -probablemente parados-, que mollaban “el gusanillo” nun encoro, que nin peixes comestibles tería; sei que os gardas solicitaban o tal carné aos presuntos infractores ecolóxicos con maneiras moi educadas; supoño que a esas horas os grandes defraudadores e depredadores escacharían coa risa. Cousas veredes Sancho.

    Responder
  2. tururu
    tururu Dice:

    mira que haio cousas mais importantes en que perder o tempo! se fale en castelan que fale e punto, o problema deste pais e a dereita que está a gobernar e non se touriño fala ou non galego, ou?

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Maeloc Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *