Onte 366: Un ano de «Onte»

Hai xustamente un ano decidín iniciar un dietario dixital, baixo o título de «Onte», onde recollese algunhas reflexións de actualidade política, social e cultural, ao tempo que relatase en primeira persoa os acontecementos públicos nos que participo. A experiencia supuxo para min asumir tanto un reto diario de reflexión como respectar unha disciplina de escrita diaria, ás que nunca me enfrontara. O emprego das utilidades hipertextuais, a brevidade e premura na composición dos textos foron os únicos límites formais da serie. Tras un ano de actividade deste dietario, que hoxe inicia a sua segunda tempada, reitero a miña convicción na importancia do blog como cerna da miña identidade dixital, mesmo a pesar da miña intensa actividade  en Twitter, que concibo como primeira rede informativa, e a presenza en Fb, que entendo como plataforma de conversa e interacción menos formalizada. Fronte a fraxilidade e fugacidade de Twitter e Fb, o blog é hoxe a nosa mellor memoria dixital, permite o arquivo e súa axilidade de consulta retroalimenta a escritura dos hipertextos novos. De cara ao futuro é a miña intención profundizar na brevidade e hipertextualidade de cada unha das anotacións de «Onte». Obrigado quedo cos seus lectores e lectoras.

3 comentarios
  1. Serxio
    Serxio Dice:

    Como leitor seu só podo parabenizalo e agadar moitos onte…como o que nos fale da desgracia que temos de oposición. Se o do PSdeG é de traca os amigos de Anova e CxG tamén lucironse

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a peke Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *