Onte 332: Serán na casa
Dediquei a tarde na que Vigo quedou ocupado a gozar do atletismo e da lectura dun orixinal engaiolante. A procesión do Cristo é unha mobilización popular potente que non é doado interpretar. Os sectores conservadores e neoconservadores utilízana como unha manifestación do seu respaldo social. Despois de cinco décadas, preferimos non cabrearnos, coma nos sucede todos os anos, e quedar sen a nosa camiñada ao solpor. Outro domingo será!
Si, a procesión do Cristo, como outras moitas manifestacións relixiosas, é moi potente e os que queren seguir cos seus inxustos privilexios aprovéitanse delas; mais, canda, as incribles señoras con mantilla española e os seus señores que parece que van nun desfile militar matar o inimigo, van esas mulleriñas e eses homiños castigados e horrorizados pola vida que lles tocou, na procura de esperanza, pois a relixión, á parte de cousas realmente obscenas como as devanditas, é para moitos mortales unha necesidade antropolóxica, de aí a súa “potencia”. Un servidor, que aínda ten pesadelos coa mili, cando hai procesións ostentosas, que semellan marchas militares, aproveita para ir dar unha volta en bicicleta.
Non esaxeren vostedes, non e para tanto.