Onte 260: Introducing Vigo in London


Eis o vídeo promocional de Vigo en Londres, colgado polo propio alcalde Caballero. A peza é visualmente fermosa, coma é a cidade nosa, mais o relato e a suxestiva voz off non posúe solidez narrativa abonda. Estrágase unha bonita metáfora, a da cidade que naceu do mar e foi desenvolvendo na ribeira. Nese fío non se entende que non exista referencia ningunha a Galicia nin a «cultura e lingua galega», coma se Vigo fose unha illa no Atlántico, contextualizando apenas a cidade na «cultura ibérica», no carácter «celta», nas «raíces latinas» e na «familia portuguesa» (o que máis me prestou). Insístese na idea dos «homes», nunha perspectiva machista dificilmente entendible en inglés, e nos tópicos, que se entenden máis amables para os británicos, da gastronomía, da festa e da noite. Con todo,o que máis me sorprendeu é o feito que apenas apareza a actividade cotián da cidade, dende o rebumbio dos vitrasas, a factoría de Citroën, á cidadanía ruando. Non me encheu, queda a anos luz da marabilla do tempo futuro.

5 comentarios
  1. pablo morell
    pablo morell Dice:

    Concordo na ausencia de fixación de factores culturais (polo menos os mencionan, que penso que é máis do que se ten feito ata o de agora), que son os que garanten o turismo a longo prazo. Polo demáis pensei que o vídeo estaba feito para o mercado estranxeiro, así que a nos actividade dos vitrasas e as factorías, por moito que nos molen ós de aquí, ó turista non ven por iso. Citroen é moitas cousas, pero non é turístico.

    Responder
  2. Xabier Cid
    Xabier Cid Dice:

    A min prestoume ben. O galego, o vitrasa… e algunhas cousas máis non achegan ningún valor (polo menos polo de agora) á comunicación turística para británicos. A lingua pode venderse como ‘milenarias raíces’ ou algo así, como se os demais non tivesen tamén milenarias raíces, pero acaba aí.
    Bastante peor me parece o plano de xente con cazadora posta nas Cíes, que non haxa unha boa foto de praias con xente (que é un importante atractivo para británicos), que non haxa planos de hoteis, ou que os planos dos pubs solitarios parezan máis dun filme de Manolo Castelao que de xente pasándoo realmente ben.

    O de chamarlle a Jules Verne, Julio Verne, pra que a xente entenda, é de moita risión.

    Responder
  3. paulo
    paulo Dice:

    Agradezo atopar escrita unha opinión así. Imaxes fermosas pero que se fale da “cultura celta”, das “raíces latinas” e da “familia portuguesa” sen mencionar para nada o Galego ou a Galicia é bastante raro para min como vigués

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a peke Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *