Onte 258: Bilbao
Alhóndiga, onde hai apenas dous anos se recuperou unha gran edificación industrial para transformala en moderna biblioteca municipal (aquí denominada “Mediateca”) e sede doutros equipamentos culturais e sociocomunitarios. Axiña pensei que este podería ser un modelo para a recuperación da Panificadora viguesa. Foi un serán fermoso ruando por Indautxu, ao pé da Catedral, onde non faltaron algunhas saudades celestes. Con todo, o mellor foi a conversa rica, moi rica, cos meus agarimeiros amigos bilbaínos. Gosto de Bilbao. Aúpa Athletic!
Convidado polo Goberno Vasco viaxei a Bilbao para participar nun grupo de debate sobre o futuro do sector editorial e libreiro en Euskadi. Gosto moito desta cidade capaz de darse a volta coma un carpín en menos de dúas décadas, reconvertindo o seu tecido industrial e urbano ao servizo da cidadanía. Quedei abraiado da intervención urbanística da
Manuel: no es Indauchi, sino Indautxu.
Buena conversación ayer a la noche.
Siempre es un gusto retomar el hilo.