Onte 245: A poesía Valentín

Chegaron os primeiros exemplares da Poesía completa de Valentín Paz Andrade, un groso volume (752 páxinas), preparado por Gregorio Ferreiro Fente, que triplica a obra poética publicada de Valentín. Sei que chegamos moi xustos á celebración do 17 de maio, mais tamén son consciente da importancia desta publicación que supón un auténtico renacemento para un poeta, ademais dunha das achegas e recuperacións máis significativas deste ano Paz Andrade, xa que até agora, mesmo para as persoas mellor informadas fora autor de tres poemarios e un pequeno monllo de composicións dispersas en xornais e revistas. A extraordinaria edición de Fente, unha proeza polo pouco tempo do que dispuxo, reconstrúe cronoloxicamente o itinerario poético de Paz Andrade dende o sue primeiro poemario do desterro (1937) até o Canto en catro ao Conde de Andrade (1985), de xeito que por vez primeira se publican os seus dez libros completos, ademais de dez poemas soltos, catro deles inéditos, ademais de dous libros fragmentarios como apéndice. Unha edición valiosa que permite descubrir a un poeta sólido que mantivo con empeño a súa escrita de forma ininterrompida ao longo de cinco décadas. Como sinala no limiar Gregorio “Valentín Paz Andrade non foi un avogado e home de negocios que pretendera pasar por poeta. Foi realmente un poeta que se fixera avogado e home de negocios”. O 17 celebramos merecidamente a un poeta.

2 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] nun volume de case oitocentas páxinas, do que aínda chegaron á editorial o venres pasado, seica, os primeiros exemplares?; ¿os nosos escolares e o profesorado que traballa con eles —non nos […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Deriva romeira | Criticalia Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *