Onte 233: 265.600 = 20%

Segundo a EPA o número de parados foi en Galicia no primeiro trimestre de 2012 de 265.000 persoas, o que supón que a taxa de paro superará por vez primeira o 20%. Dúas cifras estremecedoras ás que se engade outra non menos preocupante, o desemprego incrementouse nun 10,4% con respecto ao trimestre anterior, unha porcentaxe superior á media estatal. Galicia desángrase demograficamente, perde as súas institucións financeiras, acada o maior número de desempregados da súa historia, faino a un ritmo superior á media estatal, aumenta as taxas de emigración da súa mocidade… Un panorama económico e social desolador. Triste balance que presenta o partido conformista para unha lexislatura perdida.

11 comentarios
  1. Luis
    Luis Dice:

    E moi triste tamén para os que xa hai case dous anos emigramos a outros países, por dúas razóns: a primeira, porque veste no estranxeiro cun bo traballo, un bo soldo e unha boa vida, aínda que queres volver á túa terra; a segunda: porque sabes que tal vez non poidas volver á túa terra nos próximos 5 anos e temes que daquela xa non queiras volver.

    Un saúdo

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a water damage Gainesville FL Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *