Onte 215: Con Valentín
A convocatoria da Fundación Penzol, apoiada polas editoriais Galaxia, Xerais, Ir Indo e Biblos, dunha mesa redonda con motivo da aparición das biografías de Valentín Paz Andrade constituíu un éxito rotundo tanto pola calidade das intervencións como polo numeroso público que ateigou a Casa Galega da Cultura. Charo Portela, autora das dúas publicadas por Xerais, e Xan Carballa da de Galaxia, retrataron a figura literaria, empresarial, xornalística e política de Valentín. Foi moi clarificadora a anécdota final que relatou Carballa sobre a intervención decisiva de Paz Andrade, como membro da Comisión dos nove, para bautizar como tal a Xunta de Galicia, unha das súas tantas achegas políticas escasamente coñecida. O vindeiro 4 de maio será o Club Faro de Vigo quen no Auditorio do Areal convoque a Miguel Anxo Seixas, Xosé Luís Axeitos e X.L. Méndez Ferrín para ofrecer novas dimensións deste home da Galicia que suma. Teño a intuición que a figura de Paz Andrade vai dar moito xogo nos vindeiros meses, sobre todo cando apareza a edición do volume da súas poesía galega completa, preparada por Gregorio Ferreiro Fente para Xerais, que desvelará até nove poemarios inéditos.
Trackbacks y pingbacks
[…] Das intervencións de onte realizáronse xa algunhas crónicas como a de Manuel Bragado, a do blog de Galaxia, ou nalgúns xornais. Particularmente quixera salientar as palabras de Charo […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir