Onte 210: 291.289,43€

A querela da fiscalía por fraude fiscal contra Gerardo Conde Roa é un escándalo. Debullando sobre o relato do caso, non sei o que me produce maior repugnancia: se o feito de que deixase de declarar 291.289,43€ do IVE, que cobrou aos clientes aos que vendeu 61 vivendas de protección oficial, ou se a súa teimosa actitude negando durante catorce minutos nunha entrevista en Radio Galicia que descoñecía o expediente, un feito que negan de forma contundente diversas informacións. Máis alá das responsabilidades penais que o alcalde de Santiago dirima diante do xuíz Vázquez Tain, anoxa o comportamento ético deste cargo público nun tempo no que se lle piden os maiores sacrificios fiscais á cidadanía. Conde Roa debe dar decontado unha explicación aos seus veciños sobre eses 291.289,43€. De non facelo, a súa demisión semella inevitable. Núñez Feijoo e o PPdeG deben facer fronte a un grave problema político.

1 comentario
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    O do tal “señor” Conde Roa é de auténtico espanto, á parte da súa última e recentemente descuberta “fazaña” de defraudador económico, tamén demostrou non ter nin un chisco de sentido do humor, o que debería estar penadísimo. Aínda hoxe recordo con estupor que hai anos, en pleno século XX, demonizou (a) un político galego, dicindo que era un enfermo, porque tomaba pastillas para os males da cabeza.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Maeloc Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *