Onte 1894: «Las cloacas de Interior»
Tras ver Las cloacas de Interior, dirixido por Jaume Roures, abraia que non tivese consecuencias políticas, cando a narración da trama revelada por Público demostra a utilización partidista do Ministerio do Interior no mandato de Jorge Fernández Díaz coa intención de prexudicar aos partidos catalanistas. Como abraia que, coa excepción de Gol, canal de TDT en aberto especializado en deportes, propiedade de Mediapro, a produtora do documental, ningunha outra canle española se atrevese a emitir un espazo que obtería (como sucedeu xa en Cataluña e Euskadi) altas cotas de audiencia. Las cloacas de Interior non pasará á historia da televisión pola súa realización, mais si polo feito de enfiar varios sumarios de corrupción onde apararecen implicados membros da «mafia policial». Tras hora e pico de testemuños, algúns tremendos como os do comisario Barrado ou o garda civil Oreja, é inevitable sentir medo, sabendo como o goberno actual entende o papel das forzas de segurirdade e do entramado xurídico do estado.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir