Onte 1847: Presentación de «Terraza» de Fran Alonso na libraría Cartabón
Resultou magnífica a presentación na libraría Cartabón de Terraza, o novo libro de poemas de Fran Alonso. Unha obra de edición estendida na que por medio de códigos QR o autor remite a hipertextos de Póética e de Estado de malestar, conformando así unha triloxía de poética de formato hibridado que constitúe hoxe unha das propostas máis innovadores da poesía galega contemporánea.
Iolanda Zúñiga que recordou que coñecera hai vinte anos a Fran Alonso na libraría Cartabón, cando el publicara Territorio ocupado. A seguir, leu un texto crítico extraordinario sobre Terraza no que comezou salientando a disidencia e a rebeldía características da escrita de Fran Alonso que «propón reflexións sempre afastadas do adoutrinamento». Cualificouno como «escritor de rastreo e de rescate, que reflicte a ruindade das vidas sometidas á rutina». Definiu Terraza como «unha banda sonora dos días iguais» e como «un caderno de campo semellante aos que escribiu Charles Darwin, un compendio de moitos asuntos, unha mirada asombrada sobre as persoas e sobre a fauna que nos rodea (pombas, iguanas, camaleóns, caimáns, xirafas, coalas, vermes, ácaros…), e como unhas e a outra se mimetizan entre elas». Rematou Iolanda Zúñiga o seu discurso potente afirmando que «para Fran Alonso o real non é máis co réxime da rutina».
Antes da performance do autor, interviu a escritora
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir