Onte 1841: Contra a desmoralización
Onte, na concorridísima presentación na Casa do Libro de Vigo de Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, a antoloxía de poemas de Xesús Alonso Montero, non me pasou desapercibido o discurso de Carlos Núñez le Vieux apelando de forma entusiasta a combater a desmoralización nas filas da esquerda. Para Núñez “neste momento, somerxidos nun inverno moi longo da democracia, é imprescindible manter a ilusión do combate, como fai Xesús Alonso Montero neste libro de poemas contra a desmoralización”. Para Nuñez o libro de Alonso Montero “fala de democracia e do bo vivir, dá gotas de calor, reforza os valores de compromiso daqueles homes e mulleres que combaten por mudar a historia, razón pola que debe formar parte das prendas de abrigo que utilicemos neste longo inverno no que vivimos”.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir