Onte 1799: Presentación de “Arquitecturas debuxadas. Lugo”
Máis dun cento de persoas participaron na presentación que onte fixemos no Círculo das Artes de Lugo de Arquitecturas debuxadas. Lugo, o fermoso libro do arquitecto Santiago Catalán Tobías. Un acto no que o escritor Paco Martín, un dos prologuistas da obra, xunto a Jaureguizar, fixo unha emocionante homenaxe á cidade de Lugo e chufou o libro de Catalán da que dixo “contribúe a despertar a curiosidade intelixente”. Recuperando unhas palabras de Rof Carballo, Martín afirmou que “Lugo é a cidade perfecta, xa que posúe o armazón perfecto da cidade”.
Santiago Catalán desvelou que a orixe do libro foi un proxecto no que pretendía facer un caderrno de apuntes de viaxe de Lugo, utilizando acuarelas, “comprendín que non era o meu camiño e comecei a facer debuxos arquitectónicos, atté os setentas que finalmente forman parte destas Arquitecturas debuxadas“. “O libro xorde pola fascinación por esta cidade, á que cheguei en 1980, nunha mañán de néboa mesta. Unha cidade que posúe unha trama urbana moi complexa e contraditoria, onde se mesturan os trazados medievais cos romanos”. “O libro naceu, tamén, dunha ollada sentimental, emocional, sobre os edificios e espazos urbanos de Lugo que máis me impresionaron”. A seguir, Santiago confesou que “a preparación da obra axudou a reprensarme como cidadán de Lugo, xa que me obrigou a poñerme no papel de vistante interesado en coñecer e descubrir unha cidade”.
catalán definou Lugo como “unha cidade de escala contida, onde todo é pequeno e ten un pouso histórico, o que se nota nos edificios e na arquitectura”. Lamentou, porén, que dende a metade dos anos cincuenta do século XX entrou nunha fase de arquitectura triste, Lugo no tivo moita sorte nese período, a pesar de que foi unha cidade na que dende a época barroca traballaron os máis importantes arquitectos de Galicia, moitas veces antes de irse a Santiago”. Despois de citar a algúns dos arquitectos que deixaron máis pegada na arquitectura luguesa, rematou expresando a súa confianza en que “esta obra contribúa a valorar maís este Lugo noso”.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir