Onte 1742: «Zoo Xan. Criaturas de Xan López Domínguez»
«Zoo Xan. Criaturas de Xan López Domínguez» instalada no Museo ABC. Unha exposición composta por cinco personaxes ilustrados por López Domínguez (o camaleón malcarado, a galiña churra, a cebra picuda, o leopardo avicultor, a xirafa soñadora) para libros publicados por Edelvives, que compoñen un universo de criaturas onde se atopa boa parte do seu ADN artístico. A exposición inclúe varios muros informativos, onde narra a súa traxectoria, rescatando a súa implicación en Xofre, o primeiro fanzine publicado en Galicia (1979), xunto a Fran Jaraba e Miguelanxo Prado, e presenta dous estilos de traballo singulares dentro da súa traxectoria: o uso do negro e a inversión da luz e o traballo a liña sen cor. Unha exposición que remite á transgresión dos propios límites da ficción, un percorrido que permite acceder as leis creativas do ilustrador lucense e gozar da natureza da súa obra. Agardemos que tan excelente exposición viaxe a Galicia. Xan é un dos grandes do noso tempo.
Aproveitando a viaxe a Madrid desta semana visitei a mostra- Zoo Xan
- Camaleón malcarado
- Cebra piucda
- A traxectoria
- Xeración Xofre
- Uso do negro
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir